A Coruña, 12 de maio de 2017. A Deputación da Coruña concedeu esta noite os galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia nun acto celebrado hoxe na Finca Montesqueiro, en Oleiros, que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, así coma outros alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia.
A empresa pontesa Encapsulantes de Valor Añadido (EVASA) foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada da provincia, mentres que a compostelá E-Monte obtivo o premio na categoría de empresas novas, de menos de doce meses de antigüidade. Cada unha das galardoadas recibiu un premio de 25.000 euros.
A innovación e o emprendento, claves do futuro
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns a ambas empresas, das que destacou a “gran capacidade de innovación, un compoñente que levan inscrito no seu ADN e que
lles permitiu destacar” entre as 70 empresas que se presentaron aos premios. “Na Deputación, cremos que a clave do futuro está no emprendemento e na innovación”, afirmou Formoso, que salientou que “este é un dos factores clave para que tecido empresarial coruñés siga medrando en cantidade e calidade”.
Neste sentido, o presidente provincial explicou que un dos obxectivos principais dos premios é “estimular o carácter emprendedor dos coruñeses” porque “a riqueza dun país non se mide só polo seus Produto Interior Bruto, senón pola súa capacidade para atraer e aproveitar o talento das persoas”.
Outro dos obxectivos do certame convocado pola Deputación é “o recoñecemento ao esforzo diario de miles de autónomos, empresarios e empresarias que co seu traballo diario contribúen a xerar emprego, oportunidades e crecemento na provincia da Coruña”.
O presidente provincial enxalzou a labor tanto dos novos emprendedores coma das empresas asentadas na provincia. “Cada iniciativa emprendedora que nace, cada novo proxecto empresarial, representa un paso cara adiante que contribúe a xerar riqueza, pero tamén a crear postos de traballo, a fixar poboación no rural, a aproveitar e manter os recursos naturais e, en definitiva, a construír un ecosistema produtivo que nos permite seguir á cabeza do desenvolvemento económico de Galicia”, afirmou.
Pola súa banda, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén presidente do xurado dos galardóns, agradeceu á Deputación da Coruña o impulso a “unha brillante iniciativa que valoriza a innovación, o esforzo e a responsabilidade social das nosas empresas” e destacou o elevado nivel das empresas que concorreron aos premios.
Asemade, Fontenla subliñou o “esforzo, imparcialidade e profesionalidade” de todos os membros do xurado, composto por José Manuel Cotos, adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento da USC; José Andrés Faíña, presidente do Grupo de investigación de Competencia e Desenvolvemento da Unión Europea da UDC; Carlos Fernández Bermúdez, vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña; Fernando Barros Fornos, secretario da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios.
Estratexia de creación de emprego na provincia
O presidente provincial enmarcou os premios ás mellores iniciativas empresariais no Plan de Emprego Local (PEL), un plan estratéxico cun horizonte temporal de catro anos, ao que se destinan 30 millóns de euros para crear máis de 3.000 empregos nos 93 concellos da provincia da Coruña.
Ademais das diferentes liñas de axudas do PEL, destinadas a subvencionar contratacións nos concellos, impulsar as novas iniciativas emprendedoras e favorecer a creación de novos postos de traballo nas empresas coruñesas, Valentín González Formoso destacou que “o impulso ao emprego e ao emprendemento é o eixo transversal de todas e cada unhas das políticas, plans e accións que desenvolvemos durante os dous anos que levamos á fronte do goberno provincial”.
“Cada plan, cada obra, cada investimento da Deputación, ademais de contribuír a mellorar a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas, tradúcese inmediatamente en postos de traballo e oportunidades de desenvolvemento”, sinalou Formoso.
EVASA e E-monte, exemplos da capacidade de innovación coruñesa
As dúas empresas premiadas pola Deputación, EVASA e E-monte, destacaron entre as setenta participantes no certame por incluír no seu modelo de negocio valores coma o traballo en rede, a aposta decidida pola calidade, o fomento de boas prácticas de xestión empresarial e de políticas de responsabilidade social corporativa ou a vocación de expansión.
No caso de EVASA, destaca a súa rápida evolución, posto que, tras unha década de percorrido, hoxe en día sitúase coma un dos principais provedores mundiais de encapsulantes para o sector fotovoltaico. O 1% destes compoñentes dos paneis solares a nivel mundial constrúense na súa planta pontesa, cunha produción que se comercializa xa en máis de 20 países de todo o planeta.
A compañía traballa ademais no desenvolvemento dun novo produto para incrementar a resistencia e durabilidade do vidro, tanto para o seu uso no sector fotovoltaico como na construción civil.
Pola súa banda, a compostelá E-monte é unha start-up de recente creación que pretende cubrir a eiva provocada pola falta de relevo xeracional na explotación forestal dos montes galegos. A través dunha aplicación en liña, E-monte ofrece unha opción de negocio sinxela e atractiva para os propietarios dos terreos, facilitando que se agrupen e que atopen compradores.
O xurado destacou que esta empresa, que conta con apenas un ano de vida, cubre un oco na realidade ao que ninguén dera resposta e fomenta o aproveitamento dun recurso tan importante como é o sector madeireiro en Galicia, líder a nivel estatal e situado entre os primeiros de Europa.
A Deputación outorga os premios ás mellores iniciativas empresariais á pontesa Evasa e á compostelá E-Monte
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteA Coruña, 12 de maio de 2017. A Deputación da Coruña concedeu esta noite os galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia nun acto celebrado hoxe na Finca Montesqueiro, en Oleiros, que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, así coma outros alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia.
A empresa pontesa Encapsulantes de Valor Añadido (EVASA) foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada da provincia, mentres que a compostelá E-Monte obtivo o premio na categoría de empresas novas, de menos de doce meses de antigüidade. Cada unha das galardoadas recibiu un premio de 25.000 euros.
A innovación e o emprendento, claves do futuro
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns a ambas empresas, das que destacou a “gran capacidade de innovación, un compoñente que levan inscrito no seu ADN e que
lles permitiu destacar” entre as 70 empresas que se presentaron aos premios. “Na Deputación, cremos que a clave do futuro está no emprendemento e na innovación”, afirmou Formoso, que salientou que “este é un dos factores clave para que tecido empresarial coruñés siga medrando en cantidade e calidade”.
Neste sentido, o presidente provincial explicou que un dos obxectivos principais dos premios é “estimular o carácter emprendedor dos coruñeses” porque “a riqueza dun país non se mide só polo seus Produto Interior Bruto, senón pola súa capacidade para atraer e aproveitar o talento das persoas”.
Outro dos obxectivos do certame convocado pola Deputación é “o recoñecemento ao esforzo diario de miles de autónomos, empresarios e empresarias que co seu traballo diario contribúen a xerar emprego, oportunidades e crecemento na provincia da Coruña”.
O presidente provincial enxalzou a labor tanto dos novos emprendedores coma das empresas asentadas na provincia. “Cada iniciativa emprendedora que nace, cada novo proxecto empresarial, representa un paso cara adiante que contribúe a xerar riqueza, pero tamén a crear postos de traballo, a fixar poboación no rural, a aproveitar e manter os recursos naturais e, en definitiva, a construír un ecosistema produtivo que nos permite seguir á cabeza do desenvolvemento económico de Galicia”, afirmou.
Pola súa banda, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén presidente do xurado dos galardóns, agradeceu á Deputación da Coruña o impulso a “unha brillante iniciativa que valoriza a innovación, o esforzo e a responsabilidade social das nosas empresas” e destacou o elevado nivel das empresas que concorreron aos premios.
Asemade, Fontenla subliñou o “esforzo, imparcialidade e profesionalidade” de todos os membros do xurado, composto por José Manuel Cotos, adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento da USC; José Andrés Faíña, presidente do Grupo de investigación de Competencia e Desenvolvemento da Unión Europea da UDC; Carlos Fernández Bermúdez, vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña; Fernando Barros Fornos, secretario da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios.
Estratexia de creación de emprego na provincia
O presidente provincial enmarcou os premios ás mellores iniciativas empresariais no Plan de Emprego Local (PEL), un plan estratéxico cun horizonte temporal de catro anos, ao que se destinan 30 millóns de euros para crear máis de 3.000 empregos nos 93 concellos da provincia da Coruña.
Ademais das diferentes liñas de axudas do PEL, destinadas a subvencionar contratacións nos concellos, impulsar as novas iniciativas emprendedoras e favorecer a creación de novos postos de traballo nas empresas coruñesas, Valentín González Formoso destacou que “o impulso ao emprego e ao emprendemento é o eixo transversal de todas e cada unhas das políticas, plans e accións que desenvolvemos durante os dous anos que levamos á fronte do goberno provincial”.
“Cada plan, cada obra, cada investimento da Deputación, ademais de contribuír a mellorar a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas, tradúcese inmediatamente en postos de traballo e oportunidades de desenvolvemento”, sinalou Formoso.
EVASA e E-monte, exemplos da capacidade de innovación coruñesa
As dúas empresas premiadas pola Deputación, EVASA e E-monte, destacaron entre as setenta participantes no certame por incluír no seu modelo de negocio valores coma o traballo en rede, a aposta decidida pola calidade, o fomento de boas prácticas de xestión empresarial e de políticas de responsabilidade social corporativa ou a vocación de expansión.
No caso de EVASA, destaca a súa rápida evolución, posto que, tras unha década de percorrido, hoxe en día sitúase coma un dos principais provedores mundiais de encapsulantes para o sector fotovoltaico. O 1% destes compoñentes dos paneis solares a nivel mundial constrúense na súa planta pontesa, cunha produción que se comercializa xa en máis de 20 países de todo o planeta.
A compañía traballa ademais no desenvolvemento dun novo produto para incrementar a resistencia e durabilidade do vidro, tanto para o seu uso no sector fotovoltaico como na construción civil.
Pola súa banda, a compostelá E-monte é unha start-up de recente creación que pretende cubrir a eiva provocada pola falta de relevo xeracional na explotación forestal dos montes galegos. A través dunha aplicación en liña, E-monte ofrece unha opción de negocio sinxela e atractiva para os propietarios dos terreos, facilitando que se agrupen e que atopen compradores.
O xurado destacou que esta empresa, que conta con apenas un ano de vida, cubre un oco na realidade ao que ninguén dera resposta e fomenta o aproveitamento dun recurso tan importante como é o sector madeireiro en Galicia, líder a nivel estatal e situado entre os primeiros de Europa.
eMonte participou en ExpoOrdes 2017
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteeMonte participou os días 28, 29 e 30 de abril en ExpoOrdes 2017 – XXVIII Festa do Champiñón. A0 longo da pasada fin de semana a vila ordense acolleu milleiros de visitantes que puideron coñecer os produtos e/ou servizos dos máis de 150 postos nun espazo con máis de 13.000 m2.
Foron tres días intensos de feira multisectorial na que se deron cita profesionais da alimentación, automoción, construción, mobles, medio ambiente, deportes, agrícola, forestal, entre outros, e ademais tamén houbo unha ampla mostra de motos antigas e o Salón de Moda e Eventos.
Un gran número de asistentes acercáronse ao stand de eMonte para coñecer o proxecto.
Por un lado, puideron coñecer en profundidade www.emonte.es, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira de Galicia. Propietarios procedentes de diferentes puntos de Galicia e con madeira de eucalipto, pino, de carballo, etc. para vender, aportaron a súa visión sobre o proxecto, resaltando en todo momento a comodidade que ofrece.
No stand tamén puideron coñecer www.vendofinca.es, unha plataforma especializada na compra/venda de fincas. Grazas ao apoio da Consellería do Medio Rural dentro do seu programa de apoio aos grupos operativos, en eMonte estamos a crear un subportal que axuda a pechar o proceso de compra/venda dunha finca, conseguindo así reducir o abandono. Polo stand tamén pasaron xente interesada en vender fincas, e como non tamén, interesadas en mercalas. Proximamente lanzaremos a beta pública da ferramenta, para testar con compradores e vendedores.
Na parte máis festiva, a vila de Ordes, un ano máis, e xa van 28, cumpriu coa tradición de degustar champiñóns de moitas formas diferentes (con nata, en empanada, con xamón, etc.). En total repartíronse un total de 3.500 quilos deste produto.
Medio Rural subasta 22 lotes de madeira en Ourense
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteA Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 22 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo da provincia de Ourense, cun prezo de saída de 896.663 Euros.
26.599 m3 véndense na modalidade de risco e ventura, e pola contra 19.777 toneladas véndese a resultas.
Os máis de 68.000 pés en venda proceden dos concellos de Avión, Beariz, Cenlle, Leiro, Verea, Montederramo, Rubiá, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Riós, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
Os motivos da corta son variados: uns lotes están en quenda, outros víronse afectados por un incendio ou temporal, e noutros pretende realizarse un clareo.
A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades (Pinus pinaster, radiata, sylvestris) e tan só hai un lote con presenza de eucalipto.
Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:
http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/producion_e_industrias/poxas/
Máis de 20.000 fincas rústicas transmitidas en Galicia no ano 2016
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteO número de fincas rústicas transmitidas en Galicia durante o ano 2016 alcanzou as 20.805, un 30,60% menos que no ano 2015, segundo a Estadística de Transmisiones de Derechos de la Propiedad publicada polo Instituto Nacional de Estadística (INE) en función dos datos facilitados polo Colegio de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y Bienes Muebles de España.
O mes no que se produciu o maior número de transaccións foi o mes de setembro, cun total de 2.116 transaccións. Pola contra no mes de xullo tan só se produciu a compra/venda de 1.290 parcelas.
Analizando por provincias, A Coruña foi a que máis transaccións rexistrou (9.163), seguida por Lugo (5.620), Pontevedra (3.705) e finalmente Ourense con 2.317.
Transmisións fincas rústicas en España
En España o número total de transaccións de fincas rústicas no ano 2016 foi de 358.162, un 5,58 % menos que no ano anterior. Por Comunidades, Castela e León foi a que máis rexistrou con 66.230, seguida por Andalucía con 47.174. Pola contra, as que menos vendas rexistraron foron Madrid e Canarias, con 4.613 e 4.759 respectivamente.
Para facilitar a transmisión de todas estas fincas rústicas, nace www.VendoFinca.es, unha plataforma especializada na compra/venda de fincas.
El número de fincas rústicas transmitidas en Galicia durante el año 2016 alcanzó las 20.805, un 30,60% menos que en el año 2015, segundo la Estadística de Transmisiones de Derechos de la Propiedad publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE) en función dos datos facilitados por el Colegio de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y Bienes Muebles de España.
El mes en el que tuvo lugar el mayor número de transacciones fue el mes de septiembre, con un total de 2.116 transacciones. Por el contrario, en el mes de julio tan solo tuvo lugar la compra/venta de 1.290 parcelas.
Analizando por provincias, A Coruña fue la que más transacciones registró (9.163), seguida por Lugo (5.620), Pontevedra (3.705) y finalmente Ourense con 2.317.
Transmisiones fincas rústicas en España
En España el número total de transacciones de fincas rústicas en el año 2016 fue de 358.162, un 5,58% menos que en el año anterior. Por Comunidades, Castilla y León fue la que registró más con 66.230, seguida por Andalucía con 47.174. Por el contrario, las que menos ventas registraron fueron Madrid y Canarias, con 4.613 y 4.759 respectivamente.
Para facilitar la transmisión de todas estas fincas rústicas, nace www.VendoFinca.es, unha plataforma especializada en la compra/venta de fincas.
Da árbore á cadeira. A madeira e as súas artes
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteAta o 5 de novembro podes visitar, no Museo Centro Gaiás, a exposición Da árbore a cadeira. Unha viaxe emocional que a Cidade da Cultura dirixide a nosa ollada cara á madeira, elemento imprescindible para entender a nosa identidade.
Comisionada polo arquitecto Carlos Seoane, Da árbore á cadeira, amosa as dúas vidas e narrativas da madeira. A primeira, como produto da natureza, como material vivo que conforma a nosa paisaxe e unha parte de nós mesmos. E unha outra historia, a da súa segunda vida como elemento moldeado polo home.
O percorrdio comeza nos propios bosques galegos, coa ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, José Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez, que se mesturan coas obras de Castelao, Seoane, Maside, entre outros.
A segunda parte da exposición está centrada na madeira como produto, amosando deseños de mobles contemporáneos da man de Xosé Bar Bóo, os irmáns Alejandro e Jesús de la Sota, Creus e Carrascp e Isaac Díaz Pardo. Xunto a eles, tamén se atopan creacións de outros prestixiosos arquitectos e deseñadores galegos.
Da árbore á cadeira péchase cun recoñecemento aos artesáns e á tradición construtiva a través dos instrumentos de labor procedentes do Museo do Pobo Galego e do Museo do Moble da Estrada.
A exposición Da árbore á cadeira pode visitarse de martes a domingo en horario de 10 a 20 horas, e tamén ofrece visitas comentadas de martes a domingo totalmente de balde, nas que profundar no patrimonio natural e na historia do moble de Galicia (de martes a venres: 17:30 horas, sábados, domingos e festivos: 12:30 e 17:30 horas. Semana Santa, xullo e agosto, de martes a domingo ás 12:30 e ás 17:30 h).
Medio Rural subasta 30 lotes de madeira por máis de 1,1 millóns
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteA Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 30 lotes de madeira de montes de xestión pública da provincia lucense, cun prezo de saída de 1.126.906 Euros para unha poxa total de 61.265 metros cúbicos.
As 104.784 árbores que se poñen á venda proceden dos concellos de Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, A Fonsagrada, Guitiriz, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Quiroga, Taboada, O Vicedo e Vilalba.
A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades, e tan só hai dous lotes con presenza de eucalipto.
Grupo operativo eMonte
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteA Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, convocou unhas axudas para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), e para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.
Neste sentido, o grupo operativo eMonte, integrado polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Trabajos Agrícolas M. Graña e finalmente a empresa E-Monte Solucións Forestais S.R.L., foi seleccionada como beneficiaria de dito programa.
O grupo operativo naceu co obxectivo de permitir que todos os axentes implicados no sector forestal galeo poidan realizar as xestións dunha forma moito máis sinxela mediante a aplicación das TIC.
Na actualidade o grupo operativo está a traballar neste senso, e nos próximos meses poderá visualizarse todo o traballado realizado, sobre todo no referido á incorporación de novas funcionalidades á plataforma eMonte.
O proxecto está cofinanciado nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, nun 22,5% con fondos da Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural) e un 2,5% con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
O sector primario en perspectiva de número de empresas
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteNo día de onte, o Instituto Galego de Estatística publicou os datos relativos á actividade empresarial na nosa Comunidade. Neste senntido, a finais do ano 2015 en Galicia operaban un total de 245.417 empresas, dúas mil máis que as rexistradas doce meses antes.
O sector primario non segue esta tendencia, xa que se pasou dun total de 44.179 empresas a 43.193, é dicir unha redución do 2,23%.
Por actividades, o sector primario non evolucionou homoxenemente. A agricultura, gandería e caza, e a pesca e acuicultura diminuíron o número de empresas que operaron no ano 2015. Pola contra, a silvicultura e explotación incrementou o número de empresas. Neste sentido, a finais do ano 2014 en Galicia operaban un total de 1.364 empresas, e a finais do ano pasado en Galicia existían 1.479, é dicir houbo un incremento de máis dun 8 %.
Así contaron os medios de comunicación a campaña #TeñoMonte
/en Campaña #TeñoMonte /por MarketingEsgallaMoito deu que falar a nosa campaña Teño Monte dende o seu lanzamento!
O traballo pagou a pena: estamos moi satisfeitos co resultado e agradecemos moitísimo o apoio de tantas persoas e entidades á nosa idea e ás accións que levamos a cabo tanto na rúa como nas redes sociais. Agardamos que o pasarades ben participando nelas e que aprenderades tanto coma nós sobre os nosos montes! 😉
Leer más →
E o premio do concurso ‘Se o monte falase’ vai para…
/en Campaña #TeñoMonte /por MarketingEsgallaRematou!
O concurso ‘Se o monte falase’, a derradeira acción da campaña #TeñoMonte, gañadora da IV edicion do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago, xa ten un resultado final grazas aos vosos votos.
E a historia gañadora é a de CARLOTA VILA, que compartía con nós as súas lembranzas de cativa e a lenda da Santa de Moldes e a aldea asolagada de Valverde.
PARABÉNS, Carlota! 🙂 Agardamos que aproveites ben a túa recompensa e que esa noite para 2 nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque sexa unha experiencia inesquecible! 🙂
Leer más →
Presentamos o concurso ‘Se o monte falase’: participa coa túa historia!
/en Campaña #TeñoMonte /por MarketingEsgallaA nosa campaña #TeñoMonte sigue adiante con máis accións e ideas para recuperar o contacto cos nosos montes. Aínda que os Photocall na rúa xa remataron, quédanos unha sorpresa para vós:
Presentamos o concurso “Se o monte falase”, unha iniciativa para saber non só os nomes, se non tamén as historias e anécdotas que pasaron e seguen a pasar acotío no monte, as lendas, os costumes e formas de vida… elixe ben o que contas e participa!
Leer más →
Rematan os eventos na rúa da campaña Teño Monte
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaO pasado venres 4 de novembro montamos o noso Photocall por terceira vez dende que comezamos a campaña Teño Monte. Iso si: esta foi a derradeira! Aínda que non as tiñamos todas con nós e estivemos toda a tarde cun ollo posto no ceo, a sorte acompañounos e permitiu tamén que a veciñanza da Zona Nova de Compostela viñera a coñecernos, a falar con nós e a participar cos nomes dos seus montes. Leer más →
O venres 4 de novembro, 3º Photocall #TeñoMonte na Praza Roxa
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaNon hai 2 sen 3! Este venres 4 de novembro plantaremos (nunca mellor dito) o xa coñecido Photocall da campaña #TeñoMonte na Praza Roxa. Entre as 17:00 e as 20:00 aproveita a última oportunidade de amosar ao mundo o nome do teu monte… e tamén, claro, de participar no sorteo do fantástico premio que xa coñecedes:
1 noite para 2 personas nunha cabana entre as pólas das árbores. Concretamente, nas Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, na Serra de Outes.
Leer más →
Unha tarde inmellorable no Toural co 2º Photocall #TeñoMonte
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaO venres volviamos ás rúas de Compostela co 2º Photocall da campaña Teño Monte. Non puidemos ter máis sorte co tempo! Unha tarde soleada e unha noite suave que fixo que moita xente saíra de paseo pola Zona Vella… e estando na Praza do Toural, era imposible non vernos 😉
Leer más →
#TeñoMonte volve á rúa! 2º Photocall, venres 21 na Praza do Toural
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaDespois da estupenda acollida da primeira acción de rúa da campaña #TeñoMonte, este venres volvemos con máis ganas e máis agasallos!
Se non puideches vir ao primeiro Photocall, esta é a túa oportunidade: o 21 de outubro estaremos na Praza do Toural entre as 17:00 e as 20:00h.
Leer más →
Sorteo #TeñoMonte en Facebook: participa e gaña 1 noite para 2 na serra de Outes!
/en Blog eMonte /por MarketingEsgallaComo adiantabamos a semana pasada, a campaña #TeñoMonte non só está nas rúas de Compostela… tamén está na rede!
Abrimos o 1º Sorteo #TeñoMonte en Facebook!
Poderás participar dende as 16:30h de hoxe, 11 de outubro, ata o día 25 a medianoite e que está tamén premiado con 1 noite para 2 persoas nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque.
Leer más →
Montes de sorrisos na Praza de Abastos co photocall de #TeñoMonte
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaEste sábado comezaba a campaña #TeñoMonte coa primeira das accións na rúa: o photocall no Mercado de Abastos de Santiago.
E a verdade é que foi todo un éxito! Xente de tódalas idades achegouse a preguntarnos ‘de quen viñamos sendo’ e, unha vez que llo explicamos, recebimos moi boas impresións tanto de propietarios como de non propietarios. Ata algún turista preguntou polos carballos de Plantamus Vivero Galicia... que por certo, repartimos todos os que tiñamos! Agardamos que os teñades xa plantados na terra do voso monte, onde corresponden!
Leer más →
A campaña #TeñoMonte arranca o sábado na Praza de Abastos de Santiago
/en Campaña #TeñoMonte, Eventos /por MarketingEsgallaChegou o día… chegou a romaría! Despois de moito traballo, por fin podemos contarvos todos os detalles da campaña #TeñoMonte!
Como sabedes, o obxectivo desta campaña, que resultou premiada no Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego que organiza o Concello de Santiago de Compostela, é por unha banda recuperar a microtoponimia do monte galego, con axuda das persoas propietarias e da propia veciñanza de Compostela, e pola outra, dar a coñecer a plataforma eMonte.es
Leer más →
Achégase a campaña #TeñoMonte!
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteO verán rematou… pero o outono vén cargado de novidades en eMonte.es!
En poucos días lanzaremos a campaña #TeñoMonte, unha iniciativa que resultou premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego que organiza o Concello de Santiago de Compostela.
Levamos xa un tempo traballando nos detalles para facer accións útiles e divertidas, que lle dean visibilidade ao monte galego e ás persoas que o coidan e xestionan de forma responsable, que recuperen a súa microtoponimia e que, ao mesmo tempo, sirvan a difundir entre os propietarios a plataforma eMonte.es, a primeira destas características en Galicia.
Leer más →
O sector forestal no Ulla Tambre Mandeo
/en Blog eMonte /por Redaccion eMonteO Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Ulla Tambre Mandeo (GDR UTM), formado por diversas entidades dos concellos de Melide, Santiso, Toques, Sobrado, Arzúa, Touro, O Pino, Boimorto e Vilasantar, publicou recentemente no seu blog unha pílula informativa sobre o sector forestal.
Podedes acceder á mesma, premendo no seguinte enlace.
En www.emonte.es non queremos perder a ocasión de destacar algún datos que se recollen na mencionada pílula.
Nos concellos que forman parte do GDR UTM a superficie forestal no ano 2011 (53%) é inferior á media galega (59%).
Toques, Sobrado, Touro e O Pino contan cunha superficie forestal por riba da media galega.
A distribución dos montes veciñais non é homoxénea: no 55,56% dos concellos non existe ningunha comunidade, no 33,33% existe unha comunidade, e en tan só un concello (Toques) existen 8 comunidades de montes.
A través de www.emonte.es, os propietarios forestais dispoñen dunha ferramenta para poder vender a madeira do seu monte.
Fonte: GDR Ulla Tambre Mandeo http://ullatambremandeo.blogspot.com.es/
El Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Ulla Tambre Mandeo (GDR UTM), formado por diversas entidades de los ayuntamientos de Melide, Santiso, Toques, Sobrado, Arzúa, Touro, O Pino, Boimorto y Vilasantar, ha publicado recientemente en su su blog una píldora informativa sobre el sector forestal.
Puedes acceder a la misma, haciendo clic en el siguiente enlace.
En www.emonte.es no queremos perder la ocasión de destacar alguno de los datos que se mencionan en la píldora.
En los ayuntamientos que forman parte del GDR UTM la superficie forestal en el año 2011 (53%) es inferior a la media gallega (59%).
Toques, Sobrado, Touro y O Pino destacan por encima de la media en cuanto a superficie forestal.
La distribución de los montes vecinales non es homogénea: en el 55,56% de los ayuntamientos no existe ninguna comunidad, en el 33,33% existe unha CCMMVV, y en tan solo uno (Toques) existen 8 comunidades de montes.
A través de www.emonte.es, los propietarios forestales disponen de una herramienta para poder vender la madera de su monte.