O GO eMonte participou na Xornada de Divulgación de Resultados dos Grupos Operativos en Galicia

O pasado xoves 19 de outubro de 2017, tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela a “Xornada de divulgación de resultados: Grupos Operativos en Galicia”, na que se deron a coñecer os resultados dos proxectos dos Grupos Operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola, promovidos pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural.

Tralo acto inaugural, a Xornada dividiuse en 3 bloques.

  1. Dixitalización
    Este bloque estivo moderado por Roberto Lamas (Xestor de Campus Terra) e nel presentáronse os resultados de 5 grupos operativos que traballaron nos seguintes campos: “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural nas aplicacións de xurro de explotacións de porcino”; “Deseño dunha aplicación informática para a mellora na xestión de terras da Cooperativa CUSOVIAME”; “Integración de datos multiespectrales y agroclimáticos en la gestión de un viñedo como apoyo a la toma de decisiones en viticultura de precisión”; Puesta a punto de la técnica de riego por goteo como base para la producción sostenible de los cultivos en A Limia”. Dentro deste bloque tamén lle tocou a quenda ao Grupo Operativo eMonte no que presentamos todas as novidades do proxecto eMonte.es
  2. Economía Circular
    Este bloque estivo moderado por Emilio Manuel Martínez (Técnico Xestión I+D+i USC) e presentáronse os resultados dos proxectos: “Granjas de leche gallegas en armonía con la naturaleza y biodiversidad agraria”; “Alternativas para la biogestión de purín de porcino para la fertilización agrícola”; “Nuevas alternativas de cultivo para la comarca de A Limia”; “Viabilidad del aprovechamiento integral de los bosques de castaños de la cooperativa.”
  3. Produción primaria.
    Este último bloque estivo moderado por Pedro Fiz (Xestor do Campus Terra) e presentáronse os resultados dos proxectos: “Estudio de una planificación moderna de una plantación de castaños para fruto en ecológico”; “El Dorado Verde”; “Mejora de la producción y de la calidad proteica de los forrajes mediante el desarrollo de técnicas que incrementen la eficiencia en la utilización del nitrógeno”; “Creación de una metodología para optimizar la producción de carne de terneros procedentes de Agrigga Carne, S.C.G”; “Proyecto leche plus: valorización de la leche de vacuno producida en explotaciones ecológicas y convencionales de Galicia”.

Esta Xornada foi moi positiva para a posta en común entre todos os asistentes dos resultados dos proxectos de innovación do eido agroforestal impulsados en Galicia nas últimas datas.

 

O grupo operativo de innovación eMonte invítao a coñecer as súas últimas novidades

O Grupo Operativo eMonte, integrado polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), E-Monte Solucións Forestais S.R.L. e Manuel Graña, creouse coa finalidade de permitir que todos os axentes implicados no sector forestal galego puidesen realizar as xestións dunha forma máis sinxela, a partir da aplicación das TIC. O proxecto do GO xira ao redor de www.eMonte.es, un novidoso portal online que facilita a compra e venta de lotes de madeira entre propietarios forestais/comunidades de montes e empresas rematantes.

Durante este último ano, incorporáronse novas ferramentas ao proxecto co obxectivo de facilitar o traballo forestal. Entre elas destacan:

  • VendoFinca.es: subportal de eMonte que facilita a compra venta de fincas rústicas.
  • eMonte cubicar: ferramenta que permite estimar a madeira dunha parcela forestal
  • Agrupación de propietarios para a venta de madeira.

Estas melloras presentaranse nunha Xornada Aberta que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de outubro, ás 16:30 horas, no Auditorio-Secadoiro, exposición Da árbore á cadeira, do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia). Tralo acto, quen o desexe poderá desfrutar dunha visita guiada polas instalación de dita exposición.

Unha vez expostas as melloras da ferramenta, os membros do GO operativo poñeranse a disposición dos asistentes para resolver dúbidas e recibir as oportunas suxestións.

Creemos que se trata dunha boa oportunidade para coñecer, de primeira man, as facilitades que ofrece o proxecto eMonte e os beneficios que poden supoñer para aquelas persoas que se animen a úsalo.

Para participar na Xornada é necesario inscribirse a través do mail comunicacion@clustermadeira.com ou do teléfono, 981 937 261, por cuestións loxísticas de espazo.

Medio Rural subasta 63 lotes de madeira na provincia de Lugo

Consellería do Medio Rural publicou no día de hoxe a convocatoria dunha poxa de 63 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo de toda a provincia de Lugo, cun prezo de saída superior aos 2.100.000 Euros.

En total ponse á venta un total de 98.590 m3 de madeira, repartidos en 132.176 pés, procedentes dos concellos de Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, A Pastoriza, A Pobra de Brollón, Pol, Portomarín, Qurioga, Sarria, Vilalba, Viveiro, Bóbeda, Paradela, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.

Todos os lotes de madeira en venta córtanse ao estar en quenda as árbores.

As especies que se venden son variadas: pinus pinaster, pinus radiata, pinus sylvestris, Eucalyptus globulus e frondosas.

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/produccion_e_industrias/subastas/

 

A Xunta crea unhas novas axudas por valor de 4 millóns de euros para fomentar a ordenación dos montes galegos

O Consello da Xunta analizou o día 5 de outubro de 2017 borrador dunha nova orde de axudas da Consellería do Medio Rural que se aprobará en breve e que ten por obxectivo contribuír á ordenación dos montes galegos. En concreto, estas achegas subvencionarán a redacción dos instrumentos de ordenación tales como proxectos de ordenación, documentación simple de xestión, documentos compartidos de xestión e os documentos de adhesión masiva a modelos silvícolas para o que hai un orzamento de catro millóns de euros para dous anos.

Deste xeito preténdese facilitar que os propietarios dispoñan dunha ferramenta técnica coa que organizar os seus recursos forestais e garanta unha xestión sustentable do monte. Estes instrumentos serán imprescindibles a partir de maio de 2020, cando a lei estipula que todos os montes ou terreos forestais terán que dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal para autorizar os aproveitamentos. Por iso, existe unha necesidade de impulsar de xeito decidido este tipo de ferramentas que se adaptan ao tipo de territorio e ao seu uso.

De feito, na orde de axudas establécense catro liñas de subvención. A primeira para zonas declaradas de alto ou medio risco de incendio. A segunda liña é de aplicación naqueles montes que se encontren nalgún dos tres casos seguintes: montes polo menos parcialmente cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas, en Rede Natura 2000 e nos situados en zonas de policía (chámase así aos 100 metros a partir da canle dun río) das áreas de risco potencial significativo de inundacións (Arpsi). As liñas 3 e 4 son de aplicación a montes con terreos produtivos de masas de crecemento rápido polo menos no 50% da súa superficie e diferéncianse segundo o instrumento de ordenación que utilicen.

Ademais, cómpre destacar que as sociedades de fomento forestal (Sofor) contarán con liñas específicas para elas, co fin tamén de favorecer o seu impulso como figura destacada á hora de poñer en valor os montes garantindo o dereito de propiedade dos socios, que só ceden os dereitos de uso e a venda de produtos, co obxecto de que esta leve a cabo unha xestión forestal conxunta.

Obxecto de axuda

As axudas utilizaranse para a redacción dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal, incluíndo a realización do inventario preciso dos recursos e os servizos forestais. Así mesmo, tamén poden ir destinadas á redacción dos estudos de impacto ambiental ou ao documento ambiental asociado ao procedemento simplificado, segundo corresponda e cando sexa obrigatorio. O IVE non é elixible en ningún caso. O investimento total previsto para 2018 e 2019 alcanza os catro millóns de euros, dous en 2018 e outros dous en 2019.

Medio Rural subasta 30 lotes de madeira na provincia de A Coruña

A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 30 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo da provincia de A Coruña, cun prezo de saída de  298.906 Euros.

12.029 m3 véndense na modalidade de risco e ventura, e pola contra 2.990 toneladas véndese a resultas.

Os máis de 35.000 pés en venda proceden dos concellos de Mañón, Culleredo, Muros, Lousame, Noia, Boiro, Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Coristanco, Toques e Carnota.

Os motivos da corta son variados: uns lotes están en quenda, outros víronse afectados por un incendio forestal, noutros pretende realizarse un clareo e tamén hai casos nos que a corta se produce para adaptarse ás distancias legalmente vixentes.

O piñeiros está presente en 29 dos 30 lotes á venta, coas súas variedades(Pinus pinaster, radiata, sylvestris). Outras especies incluídas nalgún dos lotes é o carballo, biduiero, acacia, e eucaliptos (con diferentes variedades).

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/producion_e_industrias/poxas/

 

 

Vender madeira de forma agrupada xa é posible na Internet

O grupo operativo de innovación eMonte pon a disposición de todas e todos os galegos un novo servizo que permite xuntarse para vender conxuntamente a madeira dun monte nun determinado territorio.

En eMonte detectamos cun número importante de propietarios teñen dificultades para vender a madeira do seu monte principalmente por que a finca é moi pequena e os custes de saca para as empresas rematantes son moi elevados, e por conseguinte o prezo que poden ofrecer é máis reducido que para grandes lotes de madeira.

Estamos seguros que para resolver estes problemas o lema “A unión fai a forza” pode axudarche a vender a madeira do teu monte.

En eMonte queremos que te xuntes con familiares, amigos, veciños, coñecidos, etc. para vender a madeira do monte de forma agrupada. A máis volume, máis facilidades para a súa venda, e tamén poderás conseguir un mellor prezo.

Como funcionan as ventas conxuntas de eMonte?

  1. Rexistra a túa finca. Indícanos onde está situada a madeira que queres vender tan só cubrindo un sinxelo formulario (nome da finca, referencia catastral, especie e datos de contacto).
  2. Atopa propietarios. Poderás atopar outros propietarios forestais que queiran vender madeira na túa zona. Tan só terás que unirte ao lote aberto.
  3. Comparte. Comparte a túa intención de venta con amigos, veciños, familiares, etc. Anímaos a que vendan conxuntamente a madeira contigo.
  4. Vende a madeira!! Se todos os propietarios están de acordo co proceso, o lote sairá a poxa en eMonte.es na modalidade de Euros/Tonelada.

Accede ás ventas conxuntas clicando aquí.

O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A Xunta crea a Axencia da Industria Forestal para impulsar a innovación e o emprego no sector

O Consello da Xunta aprobou hoxe a creación e os estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria e que ten por obxectivo o incremento do valor dos produtos intermedios e do produto final da cadea forestal, o fomento do emprego de calidade mediante a incorporación de persoal cualificado, e a innovación tecnolóxica.

 

Coa creación deste novo organismo, prevista xa na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, dáse resposta ás necesidades trasladadas polo sector forestal galego, que factura ao redor de 2000 millóns de euros, que está composto por 3000 empresas e que emprega, de forma directa e indirecta, máis de 80.000 persoas.

As actuacións da Axencia irán destinadas ás pequenas e medianas empresas que conforman a cadea forestal, e que pertencen a subsectores como a explotación forestal, na que se inclúen traballos de corta e saca, de silvicultura e comercialización de madeira en bruto; a primeira transformación, á que se dedican sobre todo os serradoiros; e a segunda transformación, da cal forman parte os traballos de carpintaría e mobles, madeira tratada e elaborada, fabricación de portas e ventás, embalaxes e industrial, entre outros.

Os órganos de goberno da Axencia Galega da Industria Forestal serán a presidencia, que exercerá o titular de Economía, Emprego e Industria, e o Consello Reitor, que se prevé constituír no mes de setembro. Posteriormente nomearase a persoa que asumirá a dirección do organismo.

A nova entidade permitirá afondar no fomento das relacións entre os distintos axentes da cadea forestal, incentivando a utilización de madeira das explotacións forestais para a fabricación de produtos finais de consumo e buscando incrementar o valor engadido do produto derivado da produción forestal mediante a aplicación de deseño e innovación e a incorporación de profesionais con formación específica.

Neste sentido, fomentarase o emprego de calidade mediante o desenvolvemento de formación cualificada nos centros propios e a incorporación ao sector de especialistas con titulacións regradas de formación profesional e universitaria. Ademais, impulsarase o incremento da produtividade a través da renovación tecnolóxica e a aplicación de técnicas de enxeñaría. Buscaranse tamén novos nichos de mercado final, mediante actuacións concretas de márketing sobre o produto elaborado.

A Axencia Galega da Industria Forestal baseará as súas actuacións na colaboración participativa, e funcionará como interlocutor entre o sector e os distintos departamentos e entidades do sector público autonómico e doutras administracións para canalizar as súas demandas.

Entre as súas competencias e funcións están a de fomentar e desenvolver programas de asesoramento e de actividades científicas centradas no ámbito forestal, participar en institucións e foros nacionais e internacionais para a consecución dos seus fins, ou organizar programas de formación e reciclaxe profesional neste ámbito.

Tamén impulsará a nova Axencia a colaboración con centros de investigación públicos nas diferentes materias que o sector forestal traslade á Administración por consideralas do seu interese. Ademais, xestionará subvencións nos asuntos da súa competencia, e deseñará estratexias e programas de captación de fondos estatais e internacionais dirixidos á innovación e a biotecnoloxía forestal.

O novo organismo tamén se encargará de promover e apoiar o crecemento de novas empresas de aproveitamento e transformación de produtos do monte destinados á industria forestal no medio rural, incidindo especialmente na segunda e seguintes fases de transformación industrial do recurso, por seren as que proporcionan un maior valor engadido ao produto e reportan maiores beneficios globais.

Do mesmo xeito, desenvolveranse programas específicos para poñer en valor os produtos da industria forestal que faciliten a súa integración con empresas de deseño especializadas, ao tempo que se poñerá en marcha unha marca colectiva única que facilite a integración das diversas actividades produtivas da industria forestal: materia prima, deseño, industrialización e comercialización.

Fonte: www.xunta.gal

 

Xa disponible a ferramente que permite estimar o volumen da madeira dun monte

O grupo operativo de innovación eMonte, acaba de lanzar a beta pública de eMonte cubicar, unha aplicación que permite estimar o volumen de madeira dun lote de árbores das principais especies forestais de Galicia (Betula pubescens, Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster, Pinus radiata, Pinus sylvestris, Pseudotsuga menziesii e Quercus robur.

eMonte cubicar, busca a través das TIC, facilitar a xestión das propiedades forestais. En particular esta ferramenta permítelle a propietarios forestais e/ou empresas o volumen de madeira nunha determinada parcela forestal.

A partir da información tomada a pé de campo, a ferramenta será capaz o volume en m3 dunha parcela, clasificar as trozas segundo o seu destino, valorar monetariamente o lote, etc.

Este traballo foi realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, en particular a Unidade de Xestión Forestal Sostible. Para obter unha explicación máis detallada da ferramenta pódese consultar o capítulo 8 do libro Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia.

eMonte cubicar está en fase de beta pública, polo que animamos a tod@s os interesados que empreguen a ferramenta nos envíen todas as incidencias detectadas ou dúbidas a través do enderezo de correo electrónico info@emonte.es, para que así poidamos mellorala.

O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Accede á ferramenta eMonte cubicar a través do seguinte enlace:

http://emonte.es/cubica/

 

www.VendoFinca.es, o portal específico que permite a compra/venda de parcelas.

Nace www.VendoFinca.es, o portal específico que permite a compra/venda de parcelas.

O grupo operativo de innovación eMonte, acaba de lanzar a beta pública de www.VendoFinca.es, un portal dependente de eMonte, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas.

VendoFinca.es, busca a través das TIC, facilitar a xestión das propiedades rústicas e evitar así o abandono do rural de toda a cadea de valor, en especial do sector forestal, un dos sectores estratéxicos en Galicia. A través de este portal calquera persoa interesada en vender ou mercar montes, parcelas rústicas, terreos, etc. poderao facer dun xeito moi cómodo e intuitivo.

VendoFinca ten tres puntos fortes:

  • Localización exacta da parcela. Tan só introducindo a referencia catastral, a plataforma localizará a finca. Ademais, tamén permite debuxar sobre un mapa.
  • Buscador personalizado por provincias, concellos e outros filtros. Deste xeito será moito máis sinxelo localizar o monte ou parcela que máis che interese.
  • Concentración da oferta e demanda de fincas rústicas. Un lugar especializado onde atopar comprador ou vendedor dunha parcela forestal e/ou agrícola.

O portal é froito das peticións  feitas polos usuarios potenciais do proxecto eMonte. Un número importante de persoas, estaban interesadas en vender tanto a madeira do seu monte, coma o propio monte. Para facilitar este proceso, creouse www.VendoFinca.es, diferenciando así por un lado a venda da terra, coa venda exclusiva das árbores.

VendoFinca.es está en fase de beta pública, polo que animamos a tod@s os interesados empregar o portal e enviarnos todas as incidencias detectadas a través do enderezo de correo info@vendofinca.es , para que así sexa mellorada.

O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A Deputación outorga os premios ás mellores iniciativas empresariais á pontesa Evasa e á compostelá E-Monte

A Coruña, 12 de maio de 2017. A Deputación da Coruña concedeu esta noite os galardóns da I Edición dos Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia nun acto celebrado hoxe na Finca Montesqueiro, en Oleiros, que contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; o deputado responsable da área de Economía e Emprego, José Luis García; o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, así coma outros alcaldes e representantes do mundo empresarial da provincia.

A empresa pontesa Encapsulantes de Valor Añadido (EVASA) foi galardoada coma a Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada da provincia, mentres que a compostelá E-Monte obtivo o premio na categoría de empresas novas, de menos de doce meses de antigüidade. Cada unha das galardoadas recibiu un premio de 25.000 euros.

 

A innovación e o emprendento, claves do futuro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregar os galardóns a ambas empresas, das que destacou a “gran capacidade de innovación, un compoñente que levan inscrito no seu ADN e que

lles permitiu destacar” entre as 70 empresas que se presentaron aos premios. “Na Deputación, cremos que a clave do futuro está no emprendemento e na innovación”, afirmou Formoso, que salientou que “este é un dos factores clave para que tecido empresarial coruñés siga medrando en cantidade e calidade”.

 

Neste sentido, o presidente provincial explicou que un dos obxectivos principais dos premios é “estimular o carácter emprendedor dos coruñeses” porque “a riqueza dun país non se mide só polo seus Produto Interior Bruto, senón pola súa capacidade para atraer e aproveitar o talento das persoas”.

Outro dos obxectivos do certame convocado pola Deputación é “o recoñecemento ao esforzo diario de miles de autónomos, empresarios e empresarias que co seu traballo diario contribúen a xerar emprego, oportunidades e crecemento na provincia da Coruña”.

O presidente provincial enxalzou a labor tanto dos novos emprendedores coma das empresas asentadas na provincia. “Cada iniciativa emprendedora que nace, cada novo proxecto empresarial, representa un paso cara adiante que contribúe a xerar riqueza, pero tamén a crear postos de traballo, a fixar poboación no rural, a aproveitar e manter os recursos naturais e, en definitiva, a construír un ecosistema produtivo que nos permite seguir á cabeza do desenvolvemento económico de Galicia”, afirmou.

Pola súa banda, Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén presidente do xurado dos galardóns, agradeceu á Deputación da Coruña o impulso a “unha brillante iniciativa que valoriza a innovación, o esforzo e a responsabilidade social das nosas empresas” e destacou o elevado nivel das empresas que concorreron aos premios.

Asemade, Fontenla subliñou o “esforzo, imparcialidade e profesionalidade” de todos os membros do xurado, composto por José Manuel Cotos, adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento da USC; José Andrés Faíña, presidente do Grupo de investigación de Competencia e Desenvolvemento da Unión Europea da UDC; Carlos Fernández Bermúdez, vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña; Fernando Barros Fornos, secretario da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e Marcos Balboa Beltrán, presidente da Asociación de Xóvenes Empresarios.

Estratexia de creación de emprego na provincia

O presidente provincial enmarcou os premios ás mellores iniciativas empresariais no Plan de Emprego Local (PEL), un plan estratéxico cun horizonte temporal de catro anos, ao que se destinan 30 millóns de euros para crear máis de 3.000 empregos nos 93 concellos da provincia da Coruña.

Ademais das diferentes liñas de axudas do PEL, destinadas a subvencionar contratacións nos concellos, impulsar as novas iniciativas emprendedoras e favorecer a creación de novos postos de traballo nas empresas coruñesas, Valentín González Formoso destacou que “o impulso ao emprego e ao emprendemento é o eixo transversal de todas e cada unhas das políticas, plans e accións que desenvolvemos durante os dous anos que levamos á fronte do goberno provincial”.

“Cada plan, cada obra, cada investimento da Deputación, ademais de contribuír a mellorar a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas, tradúcese inmediatamente en postos de traballo e oportunidades de desenvolvemento”, sinalou Formoso.

EVASA e E-monte, exemplos da capacidade de innovación coruñesa

As dúas empresas premiadas pola Deputación, EVASA e E-monte, destacaron entre as setenta participantes no certame por incluír no seu modelo de negocio valores coma o traballo en rede, a aposta decidida pola calidade, o fomento de boas prácticas de xestión empresarial e de políticas de responsabilidade social corporativa ou a vocación de expansión.

No caso de EVASA, destaca a súa rápida evolución, posto que, tras unha década de percorrido, hoxe en día sitúase coma un dos principais provedores mundiais de encapsulantes para o sector fotovoltaico. O 1% destes compoñentes dos paneis solares a nivel mundial constrúense na súa planta pontesa, cunha produción que se comercializa xa en máis de 20 países de todo o planeta.

A compañía traballa ademais no desenvolvemento dun novo produto para incrementar a resistencia e durabilidade do vidro, tanto para o seu uso no sector fotovoltaico como na construción civil.

Pola súa banda, a compostelá E-monte é unha start-up de recente creación que pretende cubrir a eiva provocada pola falta de relevo xeracional na explotación forestal dos montes galegos. A través dunha aplicación en liña, E-monte ofrece unha opción de negocio sinxela e atractiva para os propietarios dos terreos, facilitando que se agrupen e que atopen compradores.

O xurado destacou que esta empresa, que conta con apenas un ano de vida, cubre un oco na realidade ao que ninguén dera resposta e fomenta o aproveitamento dun recurso tan importante como é o sector madeireiro en Galicia, líder a nivel estatal e situado entre os primeiros de Europa.

eMonte participou en ExpoOrdes 2017

eMonte participou os días 28, 29 e 30 de abril en ExpoOrdes 2017 – XXVIII Festa do Champiñón. A0 longo da pasada fin de semana a vila ordense acolleu milleiros  de visitantes que puideron coñecer os produtos e/ou servizos dos máis de 150 postos nun espazo con máis de 13.000 m2.

 

Foron tres días intensos de feira multisectorial na que se deron cita profesionais da alimentación, automoción, construción, mobles, medio ambiente, deportes, agrícola, forestal, entre outros, e ademais tamén houbo unha ampla mostra de motos antigas e o Salón de Moda e Eventos.

Un gran número de asistentes acercáronse ao stand de eMonte para coñecer o proxecto.

Por un lado, puideron coñecer en profundidade www.emonte.es, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira de Galicia. Propietarios procedentes de diferentes puntos de Galicia e con madeira de eucalipto, pino, de carballo, etc. para vender, aportaron a súa visión sobre o proxecto, resaltando en todo momento a comodidade que ofrece.

No stand tamén puideron coñecer www.vendofinca.es, unha plataforma especializada na compra/venda de fincas. Grazas ao apoio da Consellería do Medio Rural dentro do seu programa de apoio aos grupos operativos, en eMonte estamos a crear un subportal que axuda a pechar o proceso de compra/venda dunha finca, conseguindo así reducir o abandono. Polo stand tamén pasaron xente interesada en vender fincas, e como non tamén, interesadas en mercalas. Proximamente lanzaremos a beta pública da ferramenta, para testar con compradores e vendedores.

Na parte máis festiva, a vila de Ordes, un ano máis, e xa van 28, cumpriu coa tradición de degustar champiñóns de moitas formas diferentes (con nata, en empanada, con xamón, etc.). En total repartíronse un total de 3.500 quilos deste produto.

Medio Rural subasta 22 lotes de madeira en Ourense

A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 22 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo da provincia de Ourense, cun prezo de saída de  896.663 Euros.

26.599 m3 véndense na modalidade de risco e ventura, e pola contra 19.777 toneladas véndese a resultas.

Os máis de 68.000 pés en venda proceden dos concellos de Avión, Beariz, Cenlle, Leiro, Verea, Montederramo, Rubiá, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Riós, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

Os motivos da corta son variados: uns lotes están en quenda, outros víronse afectados por un incendio ou temporal, e noutros pretende realizarse un clareo.

A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades (Pinus pinaster, radiata, sylvestris) e tan só hai un lote con presenza de eucalipto.

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/producion_e_industrias/poxas/

 

 

Máis de 20.000 fincas rústicas transmitidas en Galicia no ano 2016

O número de fincas rústicas transmitidas en Galicia durante o ano 2016 alcanzou as 20.805, un 30,60% menos que no ano 2015, segundo a Estadística de Transmisiones de Derechos de la Propiedad publicada polo Instituto Nacional de Estadística (INE) en función dos datos facilitados polo Colegio de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y Bienes Muebles de España.

O mes no que se produciu o maior número de transaccións foi o mes de setembro, cun total de 2.116 transaccións. Pola contra no mes de xullo tan só se produciu a compra/venda de 1.290 parcelas.

Analizando por provincias, A Coruña foi a que máis transaccións rexistrou (9.163), seguida por Lugo (5.620), Pontevedra (3.705) e finalmente Ourense con 2.317.

Transmisións fincas rústicas en España

En España o número total de transaccións de fincas rústicas no ano 2016 foi de 358.162, un 5,58 % menos que no ano anterior. Por Comunidades, Castela e León foi a que máis rexistrou con 66.230, seguida por Andalucía con 47.174. Pola contra, as que menos vendas rexistraron foron Madrid e Canarias, con 4.613 e 4.759 respectivamente.

Para facilitar a transmisión de todas estas fincas rústicas, nace www.VendoFinca.es, unha plataforma especializada na compra/venda de fincas.


El número de fincas rústicas transmitidas en Galicia durante el año 2016 alcanzó las 20.805, un 30,60% menos que en el año 2015, segundo la Estadística de Transmisiones de Derechos de la Propiedad publicada por el Instituto Nacional de Estadística (INE) en función dos datos facilitados por el Colegio de Registradores de la Propiedad, Mercantiles y Bienes Muebles de España.

El mes en el que tuvo lugar el mayor número de transacciones fue el mes de septiembre, con un total de 2.116 transacciones. Por el contrario, en el mes de julio tan solo tuvo lugar la compra/venta de 1.290 parcelas.
Analizando por provincias, A Coruña fue la que más transacciones registró (9.163), seguida por Lugo (5.620), Pontevedra (3.705) y finalmente Ourense con 2.317.

Transmisiones fincas rústicas en España

En España el número total de transacciones de fincas rústicas en el año 2016 fue de 358.162, un 5,58% menos que en el año anterior. Por Comunidades, Castilla y León fue la que registró más con 66.230, seguida por Andalucía con 47.174. Por el contrario, las que menos ventas registraron fueron Madrid y Canarias, con 4.613 y 4.759 respectivamente.

Para facilitar la transmisión de todas estas fincas rústicas, nace www.VendoFinca.es, unha plataforma especializada en la compra/venta de fincas.

Da árbore á cadeira. A madeira e as súas artes

Ata o 5 de novembro podes visitar, no Museo Centro Gaiás, a exposición Da árbore a cadeira. Unha viaxe emocional que a Cidade da Cultura dirixide a nosa ollada cara á madeira, elemento imprescindible para entender a nosa identidade.

Comisionada polo arquitecto Carlos Seoane, Da árbore á cadeira, amosa as dúas vidas e narrativas da madeira. A primeira, como produto da natureza, como material vivo que conforma a nosa paisaxe e unha parte de nós mesmos. E unha outra historia, a da súa segunda vida como elemento moldeado polo home.

O percorrdio comeza nos propios bosques galegos, coa ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, José Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez, que se mesturan coas obras de Castelao, Seoane, Maside, entre outros.

A segunda parte da exposición está centrada na madeira como produto, amosando deseños de mobles contemporáneos da man de Xosé Bar Bóo, os irmáns Alejandro e Jesús de la Sota, Creus e Carrascp e Isaac Díaz Pardo. Xunto a eles, tamén se atopan creacións de outros prestixiosos arquitectos e deseñadores galegos.

Da árbore á cadeira péchase cun recoñecemento aos artesáns e á tradición construtiva a través dos instrumentos de labor procedentes do Museo do Pobo Galego e do Museo do Moble da Estrada.

A exposición Da árbore á cadeira pode visitarse de martes a domingo en horario de 10 a 20 horas, e tamén ofrece visitas comentadas de martes a domingo totalmente de balde, nas que profundar no patrimonio natural e na historia do moble de Galicia (de martes a venres: 17:30 horas, sábados, domingos e festivos: 12:30 e 17:30 horas. Semana Santa, xullo e agosto, de martes a domingo ás 12:30 e ás 17:30 h).

Medio Rural subasta 30 lotes de madeira por máis de 1,1 millóns

A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 30 lotes de madeira de montes de xestión pública da provincia lucense, cun prezo de saída de 1.126.906 Euros para unha poxa total de 61.265 metros cúbicos.

As 104.784 árbores que se poñen á venda proceden dos concellos de Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, A Fonsagrada, Guitiriz, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Quiroga, Taboada, O Vicedo e Vilalba.

A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades, e tan só hai dous lotes con presenza de eucalipto.

Grupo operativo eMonte

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, convocou unhas axudas para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), e para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

Neste sentido, o grupo operativo eMonte, integrado polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Trabajos Agrícolas M. Graña e finalmente a empresa E-Monte Solucións Forestais S.R.L., foi seleccionada como beneficiaria de dito programa.

O grupo operativo naceu co obxectivo de permitir que todos os axentes implicados no sector forestal galeo poidan realizar as xestións dunha forma moito máis sinxela mediante a aplicación das TIC.

Na actualidade o grupo operativo está a traballar neste senso, e nos próximos meses poderá visualizarse todo o traballado realizado, sobre todo no referido á incorporación de novas funcionalidades á plataforma eMonte.

O proxecto está cofinanciado nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, nun 22,5% con fondos da Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural) e un 2,5% con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

 

O sector primario en perspectiva de número de empresas

No día de onte, o Instituto Galego de Estatística publicou os datos relativos á actividade empresarial na nosa Comunidade. Neste senntido, a finais do ano 2015 en Galicia operaban un total de 245.417 empresas, dúas mil máis que as rexistradas doce meses antes.

O sector primario non segue esta tendencia, xa que se pasou dun total de 44.179 empresas a 43.193, é dicir unha redución do 2,23%.

Por actividades, o sector primario non evolucionou homoxenemente. A agricultura, gandería e caza, e a pesca e acuicultura diminuíron o número de empresas que operaron no ano 2015. Pola contra, a silvicultura e explotación incrementou o número de empresas. Neste sentido, a finais do ano 2014 en Galicia operaban un total de 1.364 empresas, e a finais do ano pasado en Galicia existían 1.479, é dicir houbo un incremento de máis dun 8 %.

Así contaron os medios de comunicación a campaña #TeñoMonte

Moito deu que falar a nosa campaña Teño Monte dende o seu lanzamento!

O traballo pagou a pena: estamos moi satisfeitos co resultado e agradecemos moitísimo o apoio de tantas persoas e entidades á nosa idea e ás accións que levamos a cabo tanto na rúa como nas redes sociais.  Agardamos que o pasarades ben participando nelas e que aprenderades tanto coma nós sobre os nosos montes! 😉

Leer más

concurso se o monte falase

E o premio do concurso ‘Se o monte falase’ vai para…

Rematou!

O concurso ‘Se o monte falase’, a derradeira acción da campaña #TeñoMonte,  gañadora da IV edicion do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago, xa ten un resultado final grazas aos vosos votos.

E a historia gañadora é a de CARLOTA VILA, que compartía con nós as súas lembranzas de cativa e a lenda da Santa de Moldes e a aldea asolagada de Valverde.

PARABÉNS, Carlota! 🙂  Agardamos que aproveites ben a túa recompensa e que esa noite para 2 nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque sexa unha experiencia inesquecible! 🙂

Leer más

concurso se o monte falase

Presentamos o concurso ‘Se o monte falase’: participa coa túa historia!

A nosa campaña #TeñoMonte sigue adiante con máis accións e ideas para recuperar o contacto cos nosos montes. Aínda que os Photocall na rúa xa remataron, quédanos unha sorpresa para vós:

Presentamos o concurso “Se o monte falase”, unha iniciativa para saber non só os nomes, se non tamén as historias e anécdotas que pasaron e seguen a pasar acotío no monte, as lendas, os costumes e formas de vida… elixe ben o que contas e participa!

Leer más