plaza abastos teño monte

Montes de sorrisos na Praza de Abastos co photocall de #TeñoMonte

Este sábado comezaba a campaña #TeñoMonte coa primeira das accións na rúa: o photocall no Mercado de Abastos de Santiago.

E a verdade é que foi todo un éxito! Xente de tódalas idades achegouse a preguntarnos ‘de quen viñamos sendo’ e, unha vez que llo explicamos, recebimos moi boas impresións tanto de propietarios como de non propietarios. Ata algún turista preguntou polos carballos de Plantamus Vivero Galicia... que por certo, repartimos todos os que tiñamos! Agardamos que os teñades xa plantados na terra do voso monte, onde corresponden!

Só nos queda darvos as GRAZAS por participar e acompañarnos nestes primeiros pasos. Como agasallo, deixámosvos aquí as fotos do evento. Moi pronto volveremos a estar na rúa! E lembrade: ao remate da campaña faremos o sorteo para ver quen leva esa noite para dúas persoas en Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, na serra de Outes.