Axudas e apoios

Axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, da Consellería do Medio Rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

As axudas para a execución de proxectos de grupos operativos (GOs) da Asociación Europea da Innovación (AEI), baixo a submedida 16.12, en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal, que teñen un efecto directo sobre a área focal 6B establecida no PDR 2014-2020: promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.

Ao mesmo tempo terán efectos secundarios sobre as áreas focais:

  • 2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, a remunda xeracional.
  • 5B: uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de produtos agrarios.
  • 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.

– 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.

O proxecto de cooperación encádrase dentro da área prioritaria e) Aplicación das TIC ao sector forestal galego. O proxecto de incedirá en diferentes axentes que forman parte da cadea de valor do sector forestal galego.

No proxecto de cooperación participan as seguintes entidades:

  • Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD). Coordinador do proxecto.
  • Universidade de Santiago de Compostela.
  • Manuel Graña Golán.
  • E-Monte Solucións Forestais S.R.L.

Nº de expediente: FEADER 2016/06B