O que os nosos bosques poden aportar á Lexislatura

Un total de 25 entidades vinculadas co sector forestal español uníronse baixo a iniciativa Juntos por los bosques para elaborar unha proposta na que en primeiro lugar se resume o que supoñen os bosques, e toda a riqueza que aportan á sociedade. E en segundo lugar, se propoñen cinco puntos de actuación primordiais para os primeiros cen días de Goberno. Dito documento está destinado a todas as formacións políticas con representación parlamentaria.

5 medidas prioritarias

  1. Constituír o Consello Forestal Nacional como órgano consultivo en materia de montes e política forestal.
  2. Asegurar unha dotación idónea para o sector forestal nos presupostos do 2017.
  3. Posta en marcha efectiva do Passfor (Plan de activación socioeconómica del sector forestal).
  4. Proposta de medidas en IRPF, imposto de sociedades, imposto sobre o patrimonio e imposto sobre sucesións co obxectivo de conseguir unha xestión forestal sostible e a mobilización dos recursos.
  5. Axenda de traballo de lexislatura en asuntos forestais.

Podes acceder ao documento completo premendo aquí.

Firmantes do documento:

 


Un total de 25 entidades vinculadas con el sector forestal español se unieron bajo la iniciativa Juntos por los bosques para elaborar una propuesta en la que en primer lugar se resumen los beneficios de los bosques, y toda la riqueza que aportan a la sociedad. Y en segundo lugar, proponen cinco puntos de actuación prioritarios para los primeros cien días de gobierno. Dicho documento está destinado a todas las formaciones políticas con representación parlamentaria.

5 medidas prioritarias

  1. Constituir el Consejo Forestal Nacional como órgano consultivo en materia de montes y política forestal.
  2. Asegurar una dotación idónea para el sector forestal en los presupuestos del 2017.
  3. Puesta en marcha efectiva del Passfor (Plan de activación socioeconómica del sector forestal).
  4. Propuesta de medidas en IRPF, impuesto de sociedades, impuesto sobre el patrimonio e impuesto sobre sucesiones con el objetivo de conseguir una gestión forestal sostenible y la movilización de los recursos.
  5. Agenda de trabajo de legislatura en asuntos forestales.

Puedes acceder al documento completo pinchando aquí.

e-Monte participou en Galiforest 2016

e-Monte participou no IV Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest Abanca 2016, que se celebrou durante os días 30 de xuño, e 1, e 2 de xullo de 2016 nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Esta nova edición de Galiforest pechou cunha afluencia de máis de 5.800 persoas procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León, Madrid e Cataluña. Así mesmo, a feira contou coa presenza de visitantes doutros países como Portugal, Italia, Alemaña, Suecia ou Finlandia. O certame contou coa participación de 180 firmas expositoras de 18 países.

Ademais da exposición e demostración de maquinaria, tamén tiveron un papel importante as xornadas técnicas, as cales acolleron máis de vinte conferencias con contido de gran interese. Entre as mesmas tivo lugar o día 1 de xullo unha pequena de presentación de e-Monte, onde o seu CEO, Víctor Rivas, expuxo ao público (tanto propietarios forestais como empresas) asistente o funcionamento da plataforma de compra/venda de lotes de madeira.

Podes acceder ao catálogo completo de expositores e programa premendo aquí.

IMG_20160701_180149 IMG_20160701_180213 IMG_20160701_181517

 


e-Monte participó en el IV Monográfico Forestal Internacional para el Sur de Europa, Galiforest Abanca 2016, que tuvo lugar durante los días 30 de junio, y 1, y 2 de juliode 2016 en las instalaciones do Centro de Formación y Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Esta nueva edición de Galiforest cerró con una afluencia de más de 5.800 personas procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castilla y León, Madrid y Cataluña. Así a la feria asistieron visitantes de otros países como Portugal, Italia, Alemania, Suecia o Finlandia. En el certamen participaron más de 180 firmas expositoras de 18 países.

Además de la exposición y demostración de maquinaria, también tubieron un papel importante las jornadas técnicas, las cuales acogieron más de veinte conferencias con contenido de gran interés. Entre las mismas tuvo lugar el día 1 de julio una pequeña presentación de e-Monte, en donde su CEO, Víctor Rivas, expuso al público (tanto propietarios forestales como empresas) asistente el funcionamiento de la plataforma de compra/venta de lotes de madera.

Puedes acceder al catálogo completo de expositores y programa pinchando aquí.

e-Monte segunda no VI Premio Ideas

 

O pasado día 30 de xuño de 2016, e-Monte recibiu o segundo galardón do VI Premio Ideas, convocado pola Fundación Una Galicia Moderna, entidade vinculada ao Colexio de Economistas de A Coruña.

Ao evento, celebrado en Palexco, asistiron un centenar de personalidades do ámbito institucional e empresarial. Entre elas, o Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez e o director do Igape, Javier Aguilera.

A compañía bioctenolóxica Qubiotech foi a primeira clasificada, polo que percibirá un premio de 5.000 €. A actividade de Qubiotech céntrase no desenvolvemento e comercialización de novidosas ferramentas tecno-informáticas de análise de imaxe e xestión da información para a mellora do diagnóstico.

En e-Monte, a primeira plataforma de compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas rematantes de Galicia, recibimos o segundo premio, dotado con 1.000 euros. O terceiro premio, consistente nunha bolsa para cursar o Master en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas de A Coruña, recaeu na startup coruñesa Pilgrim Global Solutions, unha iniciativa empresarias cuxas bases aséntanse no desenvolvemento de sistemas de xestión integrados centrados na xeolocalización, aplicacións móbiles multinivel e novos sistemas de pago.

 

A Xunta apoiará con 600.000 € as empresas forestais que superen os 10.000 metros cúbicos de madeira empregada

No Consello do Goberno do día de hoxe, a Xunta anunciou que apoiará cunha achega total de 600.000 euros ás empresas de primeira transformación de produtos forestais que superen os 10.000 metros cúbicos de madeira empregada. Esta convocatoria está dirixidas a aquelas empresas que quedaron excluídas de percibir axudas procedentes de fondos comunitarios, xa que a normativa europea impedía que as industrias desta dimensión se beneficiasen de fondos comunitarios.

O importe de axuda para cada empresa beneficiaria será do 25% dos custos elixibles; no caso de pequenas empresas, a axuda poderá incrementarse ata un máximo do 35%. A axuda máxima por beneficiario será de 100.000 euros.

Mediante estes fondos as empresas poderán financiar investimentos en activos fixos produtivos tales como bens de equipamento e instalacións en serradoiros e obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de serra, nave de serradura, e para almacenamento de produtos no propio serradoiro. Tamén os bens de equipamento, instalación e obra civil necesarios para almacenamento doutros produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.) na propia industria.

Agárdase que a orde se publique en breves no Diario Oficial de Galicia. As empresas interesadas disporán dun prazo dun mes dende a publicación da orde de axudas.

 

Enlace ao Consello da Xunta.

 

Ábrese ao público o Bosque de Galicia

A comezos desta semana, o presidente da Xunta, xunto co conselleiro de Cultura e o alcalde da cidade de Santiago, inauguraban o xa coñecido como Bosque de Galicia, un proxecto de reforestación con especies autóctonas das ladeiras do Gaiás.

O Bosque ten 24 hectáreas de superficie, case tres veces a extensión da Alameda, e máis de 7000 pequenas árbores autóctonas plantadas. Ademais, conta con 3700 metros de zonas peatonais, aínda en proceso de iluminación, abertas ao público dende as sete da mañá ata as once da noite.

Este pulmón verde na cidade compostelana está encadrado dentro da primeira fase do proceso de humanización da Cidade da Cultura, xunto co mirador do Gaiás, dous parques infantís e un xardín cunha lagoa.

Que árbores podemos atopar no Bosque de Galicia?

Cun total de 7030 plantados, no Bosque podemos atopar os seguinte once tipos de árbores autóctonas galegas:

  • Bidueiro, 4325 exemplares
  • Carballo, 1900 exemplares
  • Cerdeira, 155 exemplares
  • Espiño, 150 exemplares
  • Erbedo, 110 exemplares
  • Capudre, 90 exemplares
  • Castiñeiro, 75 exemplares
  • Faia, 75 exemplares
  • Abeleira, 50 exemplares
  • Pradairo, 50 exemplares
  • Freixo, 50 exemplares

Anímate a vir visitar o Bosque de Galicia e, xa de paso, por que non nos visitas a nós tamén?

IMG_20160504_092634

IMG_20160504_092639

 

 

 

 

 

 

 

 

 

e-Monte participou en ExpoOrdes 2016

e-Monte participou os días 22, 23 e 24 de abril en ExpoOrdes 2016 – XXVII  Degustación do Champiñón. Ao longo desta fin de semana  a vila ordense acolleu arredor de 32.000 persoas que puideron coñecer os máis de 160 postos distribuídos por diferentes espazos temáticos, como a feira multisectorial, a de artesanía, a mostra de maquinaria agrícola e o I Salón de Moda e Eventos.

Un gran número de asistentes acercáronse ao stand de www.emonte.es para coñecer en profundidade o funcionamento da primeira plataforma de compra e venda de madeira de Galicia.

Propietarios procedentes de diferentes puntos de Galicia e con madeira de eucalipto, de pino, de carballo, etc. para vender, valoraron moi positivamente a plataforma, xa que permite vender a madeira ao mellor prezo e ademais coa máxima comodidade posible.

Funcionamento de e-Monte

Aqueles propietarios que desexen vender madeira, só teñen que rexistrarse na plataforma, e cubrir un sinxelo formulario (nome da finca, superficie, especie principal, referencia catastral, etc). Unha vez feito isto, o propietario recibirá por correo postal un cartel de e-Monte que ten que colocar na finca. Finalmente só ten que facer unhas fotografías da finca e subilas á plataforma.

A partir de entón os propietarios xa non teñen que facer nada máis. As empresas rexistradas en e-Monte recibirán unha alerta de que hai un lote dispoñible, e poderán chegar á finca sen necesidade de ir acompañados do propietario forestal. Isto é posible grazas a APP de e-Monte.  Cubicarán e valorarán a madeira como do xeito tradicional, e se están interesadas realizarán ofertas a través da plataforma, entrando así a funcionar un mecanismo de poxa, na que o propietario sempre ten a última palabra.

– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –

e-Monte participó los días 22, 23 e 24 de abril en ExpoOrdes 2016 – XXVII  Degustación do Champiñón. A lo largo de este fin de semana, la villa ordense  acogió alrededor de 32.000 personas que pudieron conocer a los más de 160 puestos distribuidos por diferentes espacios temáticos,  como la feira multisectorial, la de artesanía, la muestra de maquinaria agrícola y el I Salón de Moda y Eventos.

Un gran número de asistentes se acercaron al stand de www.emonte.es para conocer en profundidad el funcionamiento de la primera plataforma de compra y venta de madera de Galicia.

Propietarios procedentes de diferentes puntos de Galicia y con madera de eucalipto, de pino, de roble, etc. para vender, valoraron positivamente la plataforma, ya que permite vender la madera al mejor precio e además con la máxima comodidad posible.

Funcionamiento de e-Monte

Aquellos propietarios que quieran vender madera, solo tiene que registrarse en la plataforma, y cubrir un sencillo formulario (nombre de la finca, superficie, especie principal, referencia catastral, etc). Una vez hecho esto, el propietario recibirá por correo postal un cartel de e-Monte que tiene que colocar en la finca. Finalmente, solo tiene que realizar unas fotografías de la finca y subirlas a la plataforma.

A partir de entonces, los propietarios ya no tienen que hacer nada más. Las empresas registradas en e-Monte reciben una alerta de que hay un lote disponible, y en el caso de estar interesadas podrán llegar a la finca sin necesidad de ir acompañados del propietario forestal. Esto es posible gracias a la APP de e-Monte.  Cubicarán y valorarán la madera de forma tradicional, y si están interesadas realizarán una oferta a través de la plataforma, entrando así a funcionar un mecanismo de subasta, en el que el propietario siempre tiene la última palabra.

 

Búscase propietario forestal

En e-Monte creamos unha ferramenta non só pensada para as empresas, senón tamén para os máis de 672.000 propietarios forestais que existen en Galicia, que son a base da pirámide da industria forestal.

Si tes unha finca con madeira (carballos, castiñeiros, eucaliptos, piñeiros, etc.) e te enfrontaches ao proceso de venda da mesma, seguro que te fixeches en algunha ocasión estas preguntas: Quen me pode comprar a madeira? Canto vale? Con cantas empresas me poño en contacto? Teño tempo para ir á finca e ensinar a madeira a varias empresas? Merecerá a pena? Vendería a madeira a un bo prezo? Será esta empresa unha boa empresa?

Estas e outras moitas cuestións soluciónanse con www.emonte.es, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas. A partir de agora poderás vender a madeira da túa finca, ao mellor prezo, e ademais coa máxima comodidade. Simplemente tes que incorporar a túa finca na plataforma, colocar un cartel de e-Monte na finca e agardar a recibir ofertas.

Si tes unha finca con madeira nalgún dos concellos da táboa, ponte en contacto con nós para obter máis información.

  • Distrito Forestal III Santiago, Meseta Interior – Ordes
  • Ames
  • Arzúa
  • Boimorto
  • Boqueixón
  • Brión
  • Cerceda
  • Frades
  • Melide
  • Mesía
  • O Pino
  • Ordes
  • Oroso
  • Santiago de Compostela
  • Santiso
  • Sobrado
  • Teo
  • Toques
  • Tordoia
  • Touro
  • Trazo
  • Val do Dubra
  • Vedra
  • Distrito Forestal VIII Terra de Lemos
  • A Pobra de Brollón
  • Bóveda
  • Carballedo
  • Chantada
  • Folgoso do Courel
  • Monforte de Lemos
  • O Saviñao
  • Pantón
  • Quiroga
  • Ribas de Sil
  • Sober
  • Taboada
  • Santiago de Compostela
  • Santiso
  • Sobrado
  • Teo
  • Toques
  • Tordoia
  • Touro
  • Trazo
  • Val do Dubra
  • Vedra

– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –

En e-Monte hemos creado una herramienta no solo pensada para las empresas, sino también para los más de 672.000 propietarios forestales que existen en Galicia, y que son la base de la pirámide de la industria forestal gallega.

Si tienes una finca con madera (robles, castaños, eucaliptos, pinos, etc.) y en alguna ocasión has tenido que vender la misma, seguro que te has hecho estas preguntas: ¿Quién me puede comprar la madera? ¿Cuánto vale? ¿Con cuántas empresas me tengo que poner en contacto? ¿Tengo tiempo para desplazarme a la finca y enseñar la madera a varias empresas? ¿Merecerá el esfuerzo? ¿Vendería la madera a un buen precio? ¿Será una empresa solvente?

Estas y otros muchos interrogantes se solucionan con www.emonte.es, la primera plataforma de compra/venta de lotes de madera entre propietarios forestales y empresas rematantes. A partir de ahora puedes vender la madera de tu finca, al mejor precio, y además con la máxima comodidad. Simplemente tienes que incorporar tú finca a la plataforma, colocar un cartel de e-Monte en la finca y esperar a recibir ofertas por parte de las empresas registradas en la plataforma.

Si tienes una finca con madera en alguno de los ayuntamientos de la tabla, y quieres que las empresas registradas en e-Monte te compren tu madera, ponte en contacto con nosotros para obtener más información.

 

Gran acollida na Industria Forestal galega do proxecto E-MONTE

0004 0003 0002 0001Ao longo destes últimos meses estívose traballando na posta en marcha do proxecto E-MONTE que foi liderado pola Agrupación Empresarial Innovadora Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), e que recibiu financiamento do Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR) dentro do programa de apoio ás AEI para contribuír á mellora da competitividade da industria española.

O obxectivo do proxecto foi a creación dunha ferramenta innovadora que permita unha mellora da xestión dos lotes de madeira por parte das empresas rematantes, e tamén actualizar a operativa de compra/venda de lotes de madeira entre os provedores da materia prima, é dicir, os propietarios forestais, e as empresas rematantes.

O proxecto contou coa participación directa de varias empresas galegas (Maderas Villapol S.A. e E-Monte Solucións Forestais S.R.L.) e tamén coa participación indirecta doutras empresas, asociacións e axentes ligados á Industria Forestal galega. En total máis de 150 persoas participaron na posta en marcha deste ambicioso proxecto.

Datas salientables:

  • 17/12/2015 Dinámica con empresas rematantes.
  • 02/02/2016 Dinámica con propietarios forestais, asociacións e comunidades de montes veciñais.
  • 08/03/2016 Presentación pública do proxecto en Monforte de Lemos.
  • 17/03/2016  Presentación pública do proxecto en Ordes.

Como resultado do proceso creáronse dunhas ferramentas innovadoras: unha plataforma web e unha APP que melloran a competitividade das pemes da indutria forestal galega e tamén dos máis de 672.000 propietarios forestais de Galicia.

Título do proxecto: “E-MONTE. Plataforma innovadora para la gestión de lotes de madera por parte de las empresas rematantes”, nº de expediente “AEI-010500-2015-287”, importe da axuda concedida polo MINETUR: 19.340,00 €.

Gobierno - Ministerio - DGIPYME color logo-AEI

 

E-MONTE seleccionada para participar na segunda edición de Galicia Open Future

E-MONTE está a participar dende o mes de setembro de 2015 no Galicia Open Future, o gran centro de emprendemento galego posto en marcha por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia.

O programa, integrado na rede Open Future da multinacional española, ofrece recursos e ferramentas para a evolución de 50 proxectos empresariais innovadores que teñen en comúns as TIC pero que abranguen sectores moi diversos como a saúde, o motor, a agricultura, a madeira, etc.

E-MONTE foi seleccionada entre as máis de 180 candidaturas recibidas procedentes de Galicia e Portugal. Durante os 6 meses de duración do programa está a recibirse formación e adestramento especializado co obxectivo de madurar o proxecto e o seu modelo de negocio.

O programa pode seguirse en Twitter a través da conta oficial @OpenFuture_Gal ou tra través do Facebook @GaliciaOpenFuture. O mesmo desenvólvese no centro crowdworking da Cidade da Cultura, onde E-MONTE ten situada a súa oficina nestes meses. Tras esta etapa de aceleración, sairán os tres proxectos gañadores que recibirán unha axuda de ata 25.000 euros.

E-MONTE leva o primeiro premio do I Concurso de Proxectos Empresarias Semente de Monforte

O día 6 de xaneiro de 2014, os Reis Magos trouxeron algo máis que xoguetes a Monforte de Lemos, viñeron acompañados do premio gordo da lotería do Neno. Grazas a esta inxección de ilusión e tamén de cartos, xorde a Asociación Semente Monforte e con ela o I Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte, unha iniciativa que buscaba axudar a poñer en marcha proxectos empresariais.

En outubro do 2014 E-MONTE iniciou a súa aventura no I Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte, no que se presentaron máis de 80 proxectos empresariais procedentes de distintos recursos tanto de Galicia como do resto de España.

Tras unha primeira criba, na que só quedaron 10 proxectos seleccionados, tivo lugar o día 14 de marzo de 2015 no Parador de Monforte de Lemos unha emocionante gala de premios, onde E-MONTE conseguiu o primeiro premio.

“Case un ano despois do galardón, podemos dicir que a idea de crear unha plataforma de compra/venda de lotes de madeira xa é unha realidade, que non sería posible sen o voto de confianza recibido por parte do xurado I Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte”, comenta Víctor Rivas, CEO de E-MONTE.

Diversos medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Podes ler esta información en La Voz de Galicia, El Progreso, Sermos Galiza e Praza Pública.