Duplícase a creación de empresas vinculadas coa actividade forestal en Galicia
Segundo os últimos datos do Boletín Oficial del Registro Mercantil (Borme), recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o número de sociedades mercantís constituídas e vinculadas a actividade forestal en Galicia case se duplica con respecto ás cifras do ano 2012.
Das 26 sociedades mercantís constituídas no ano 2012 pasouse o ano pasado a un total de 51 sociedades segundo o CNAE silvicultura e explotación forestal.
Por provincias, na que máis sociedades se crearon foi A Coruña (20), seguida de Lugo (13), Pontevedra (11) e finalmente Ourense (7).
No que vai de ano 2016, ata o mes de agosto creáronse en Galicia un total de 32 sociedades vinculadas coa silvicultura e explotación forestal.