Rematan os eventos na rúa da campaña Teño Monte
O pasado venres 4 de novembro montamos o noso Photocall por terceira vez dende que comezamos a campaña Teño Monte. Iso si: esta foi a derradeira! Aínda que non as tiñamos todas con nós e estivemos toda a tarde cun ollo posto no ceo, a sorte acompañounos e permitiu tamén que a veciñanza da Zona Nova de Compostela viñera a coñecernos, a falar con nós e a participar cos nomes dos seus montes. Leer más →