Artigos

concurso se o monte falase

Presentamos o concurso ‘Se o monte falase’: participa coa túa historia!

A nosa campaña #TeñoMonte sigue adiante con máis accións e ideas para recuperar o contacto cos nosos montes. Aínda que os Photocall na rúa xa remataron, quédanos unha sorpresa para vós:

Presentamos o concurso “Se o monte falase”, unha iniciativa para saber non só os nomes, se non tamén as historias e anécdotas que pasaron e seguen a pasar acotío no monte, as lendas, os costumes e formas de vida… elixe ben o que contas e participa!

Leer más

Rematan os eventos na rúa da campaña Teño Monte

O pasado venres 4 de novembro montamos o noso Photocall por terceira vez dende que comezamos a campaña Teño Monte. Iso si: esta foi a derradeira! Aínda que non as tiñamos todas con nós e estivemos toda a tarde cun ollo posto no ceo, a sorte acompañounos e permitiu tamén que a veciñanza da Zona Nova de Compostela viñera a coñecernos, a falar con nós e a participar cos nomes dos seus montes. Leer más

photocall teño monte

O venres 4 de novembro, 3º Photocall #TeñoMonte na Praza Roxa

Non hai 2 sen 3! Este venres 4 de novembro plantaremos (nunca mellor dito) o xa coñecido Photocall da campaña #TeñoMonte na Praza Roxa. Entre as 17:00 e as 20:00 aproveita a última oportunidade de amosar ao mundo o nome do teu monte… e tamén, claro, de participar no sorteo do fantástico premio que xa coñecedes:

1 noite para 2 personas nunha cabana entre as pólas das árbores. Concretamente, nas Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, na Serra de Outes.

Leer más