Subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes

  • Resumen

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva.

    Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

  • Finalidade / Obxectivo

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva.

    Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

  • Tipos de apoio

    De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:

    a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).

    b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).

  • Beneficiarios potenciais

    Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor sempre que non incorran en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

  • Requisitos

    Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

    Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-202

  • Cualificación requerida

    A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha).

    Nas Sofor e excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estivese localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) ou nalgún dos incluídos na zona de especial protección para as aves da Limia segundo o Decreto 411/2009, de 12 de novembro (DOG nº 230, do 24 de novembro), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.

  • Inversións ou gastos computables

    LIÑA I, MR651A SUBVENCIÓNS PARA O CONTROL SELECTIVO DE COMBUSTIBLE

    a) Áreas de devasas:

    1º. Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúe nesta actuación as rozas en rexenerado forestal natural nin en montes cunha fracción de cabida cuberta arborada igual ou superior ao 20 %. Son traballos que se encamiñan especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes contra os incendios forestais.

    2º. Estas faixas terán un largo mínimo de 16 metros e a altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

    3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das áreas de devasas.

    b) Faixas auxiliares de pista:

    1º. Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais, do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os 2,50 metros en cada marxe, incluíndo a roza de cunetas e noiros sempre que sexa tecnicamente viable. Tamén se poderá incluír a plataforma do camiño se for necesario conforme o artigo 33.

    2º. A altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

    3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das faixas auxiliares de pista.

    c) Roza en rexenerado forestal natural.

    1º. Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable. Esta actuación estímase nuns 2/3 da superficie do rexenerado.

    2º. A masa forestal procederá da rexeneración natural e terá un diámetro medio que non superará os 6 cm e unha densidade superior aos 5.000 pés/ha.

    3º. A altura do mato tras a roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

    4º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza en rexenerado forestal natural. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

    d) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.

    1º. Consistirá nunha roza somera de penetración, o rareo e a posterior eliminación dos restos acordoados en masas forestais coas características recollidas na alínea c) anterior e nas que en anos anteriores se tivesen realizado as actuacións recollidas nese punto. A roza somera de penetración e o rareo aplicaranse nas entrefaixas, estímase nun terzo da superficie mentres que no resto da superficie, aproximadamente dous terzos, se eliminarán os restos mediante trituración

    2º. A densidade final que se debe acadar será de entre 1.000 e 2.000 pés/ha.

    3º. A altura do mato tras a trituración non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

    4º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza, e rareo nas entrefaixas de masas forestais. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

    LIÑA II, MR651B CONSTRUCIÓN DE PUNTOS DE AUGA

    Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía adecuada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida destes. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito.

    3. Os puntos de auga deberán cumprir, polo menos, coas seguintes premisas:

    a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.

    b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección.

    c) As dimensións mínimas dos puntos de auga serán as que figuran a continuación:

    1º. Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3).

    2º. Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3).

    3º. Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3).

    4º. Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3).

     

  • Cuantía da axuda

    O orzamento desta orde para o ano 2018 é de catro millóns e medio de euros (4.500.000,00 €), repartidos do seguinte xeito:

    a) Liña I: dotada cun total de catro millóns de euros (4.000.000,00 €).

    b) Liña II: dotada cun total de cincocentos mil euros (500.000 €).

    A porcentaxe que se subvenciona será do 100 %

  • Prazo de presentación

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xaneiro de 2018.

  • Referencia lexislativa

    ORDE do 11 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

    EXTRACTO da Orde do 11 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.