Axudas para prevención de incendios forestais para as Comunidades de Montes Veciñais e Sofor
-
Resumen
Subvencións que os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas o que contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incenidos forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes.
-
Finalidade / Obxectivo
Tendo en conta a finalidade preventiva, establécense dúas liñas de subvencións:
- Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.
- Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga.
-
Tipos de apoio
O orzamento dispoñible para esta convocatoria de axudas ascende a 4.000.000 Euros.
Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a fondo perdido.
-
Beneficiarios potenciais
Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as Sofor, agás aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitase a rescisión ou transformación do dito consorcio.
Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia.
As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incenidos.
-
Requisitos
A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha). Para acadar a superficie, as CMVMC poderán formar unha agrupación sempre que se empracen nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:
a) Localización nun mesmo concello.
b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.
Nas Sofor, e excepcionalmente no caso dalgunha CMVMC (localizada en zona especial protección dos valores naturais ou zona especial protección para as aves da Limia) a superficie mínima sería de 50 ha.
-
Inversións ou gastos computables
As actuacións que poderán ser obxecto da subvención son as seguintes:
a) Liña I. Control selectivo de combustible
a.1) Devasas:
– Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar: 409,10 €/ha
a.2) Faixas auxiliares de pista:
– Roza mecanizada con rozadora de cadeas ou similar: 409,10 €/ha
– Roza mecanizada con rozadora de brazo ou similar: 490,07 €/ha
a.3) Roza mecanizada en rexenerado forestal natural:
– Roza mecanizada en rexenerado forestal natural: 272,73 €/ha
a.4) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais:
– Roza superficial de penetración e rareo das entrefaixas de masas forestais e eliminación mediante trituración con rozadora de martelos ou similar dos restos, na superficie restante: 868,63 €/ha
b) Liña II. Construcción de puntos de auga
– Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3): 6.103,61 €/unidade
– Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3): 7.174,01 €/unidade
– Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3): 8.146,68 €/unidade
– Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3): 12.264,10 €/unidade
-
Cuantía da axuda
A porcentaxe de subvención será do 100%.
O IVE non será subvencionable salvo que non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.
-
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (28/12/2016).
O prazo remata o 28/01/2017.
ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: Ampliado o prazo de presentación de solicitudes ata o 15/02/2017.
-
Referencia lexislativa
-
Información e tramitación
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Vicente Ferrer, 2 – 6º
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981184535 Fax: 981184652XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294540XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Avda. da Habana, 79-1º
32003 OURENSE
Teléfono: 988386089XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
R/ Benito Corbal, 47
36071 PONTEVEDRA
Teléfono: 986805327