O grupo operativo de innovación eMonte invítao a coñecer as súas últimas novidades

O Grupo Operativo eMonte, integrado polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), E-Monte Solucións Forestais S.R.L. e Manuel Graña, creouse coa finalidade de permitir que todos os axentes implicados no sector forestal galego puidesen realizar as xestións dunha forma máis sinxela, a partir da aplicación das TIC. O proxecto do GO xira ao redor de www.eMonte.es, un novidoso portal online que facilita a compra e venta de lotes de madeira entre propietarios forestais/comunidades de montes e empresas rematantes.

Durante este último ano, incorporáronse novas ferramentas ao proxecto co obxectivo de facilitar o traballo forestal. Entre elas destacan:

  • VendoFinca.es: subportal de eMonte que facilita a compra venta de fincas rústicas.
  • eMonte cubicar: ferramenta que permite estimar a madeira dunha parcela forestal
  • Agrupación de propietarios para a venta de madeira.

Estas melloras presentaranse nunha Xornada Aberta que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de outubro, ás 16:30 horas, no Auditorio-Secadoiro, exposición Da árbore á cadeira, do Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura de Galicia). Tralo acto, quen o desexe poderá desfrutar dunha visita guiada polas instalación de dita exposición.

Unha vez expostas as melloras da ferramenta, os membros do GO operativo poñeranse a disposición dos asistentes para resolver dúbidas e recibir as oportunas suxestións.

Creemos que se trata dunha boa oportunidade para coñecer, de primeira man, as facilitades que ofrece o proxecto eMonte e os beneficios que poden supoñer para aquelas persoas que se animen a úsalo.

Para participar na Xornada é necesario inscribirse a través do mail comunicacion@clustermadeira.com ou do teléfono, 981 937 261, por cuestións loxísticas de espazo.