Medio Rural subasta 25 lotes de madeira na provincia de Ourense

Consellería do Medio Rural publicou no día de hoxe a convocatoria dunha poxa de 25 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo de toda a provincia de Ourense, cun prezo de saída 1.368.256,63 Euros.

Os lotes véndense en dúas modalidades:

  •  A Risco e Ventura. 37.638,77 m3 repartidos en 94.834 pés, procedentes dos concellos de Viana do Bolo, Riós e Muíños. As especies presentes nos lotes son Pinus pinaster, Pinus sylvestris ou ambas.
  • A Resultas. 39.678 Toneladas procedentes dos concellos de Montederramo, A Veiga, A Gudiña, Laza, Viana do Bolo e Lobios.  As especies presentes nalgún destes lotes son: Pinus sylvestris, Pinus pinaster e Eucalyptus.

O motivo da corta de todos os lotes non é outro que os incendios forestais sufridos na provincia de Ourense.

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/produccion_e_industrias/subastas/