Ábrese ao público o Bosque de Galicia

A comezos desta semana, o presidente da Xunta, xunto co conselleiro de Cultura e o alcalde da cidade de Santiago, inauguraban o xa coñecido como Bosque de Galicia, un proxecto de reforestación con especies autóctonas das ladeiras do Gaiás.

O Bosque ten 24 hectáreas de superficie, case tres veces a extensión da Alameda, e máis de 7000 pequenas árbores autóctonas plantadas. Ademais, conta con 3700 metros de zonas peatonais, aínda en proceso de iluminación, abertas ao público dende as sete da mañá ata as once da noite.

Este pulmón verde na cidade compostelana está encadrado dentro da primeira fase do proceso de humanización da Cidade da Cultura, xunto co mirador do Gaiás, dous parques infantís e un xardín cunha lagoa.

Que árbores podemos atopar no Bosque de Galicia?

Cun total de 7030 plantados, no Bosque podemos atopar os seguinte once tipos de árbores autóctonas galegas:

  • Bidueiro, 4325 exemplares
  • Carballo, 1900 exemplares
  • Cerdeira, 155 exemplares
  • Espiño, 150 exemplares
  • Erbedo, 110 exemplares
  • Capudre, 90 exemplares
  • Castiñeiro, 75 exemplares
  • Faia, 75 exemplares
  • Abeleira, 50 exemplares
  • Pradairo, 50 exemplares
  • Freixo, 50 exemplares

Anímate a vir visitar o Bosque de Galicia e, xa de paso, por que non nos visitas a nós tamén?

IMG_20160504_092634

IMG_20160504_092639