Medio Rural subasta 17 lotes de madeira na provincia de Pontevedra

Consellería do Medio Rural publicou no día de onte a convocatoria dunha poxa de 17 lotes de madeira de montes de xestión pública en diferentes concellos da provincia de Pontevedra, cunha taxación de 329.526,90 Euros.

Os lotes véndense en dúas modalidades:

  •  A Risco e Ventura. 2.748,69 m3 repartidos en 3.630 pés, procedentes de un único lote situado no concello de As Neves, no que hai  Pinus radiata, Eucalyptus globulus e Pinus Pinaster.
  • A Resultas. 32.920 Toneladas procedentes dos concellos de Mos, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Cotobade.  As especies presentes nalgún destes lotes son: Pinus radiata, Pinus pinaster e Eucalyptus globulus.

O motivo de corta común en todos eles foi un incendio forestal.

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/produccion_e_industrias/subastas/