eMonte lanza dúas novas liñas de negocio dedicadas ao sector forestal

Na startup eMonte estamos de estrea, xa que acabamos de lanzar dúas novas liñas de negocio dirixidas ao sector forestal galego, grazas ao apoio da Deputación da Coruña a través do programa PEL Emprende Investimento 2018, o que nos permitiu a adquisición dun moderno tractor para desbrozar o monte.

Liñas de negocio:

eMonte – Servizos Forestais. En eMonte ofrecemeos un servizos integral de limpeza e desbroce de terreos rústicos. Se tes unha plantación no Distrito Forestal III Santiago – Meseta Interior, eMonte pode encargarse de manter as túas plantacións, para minimizar o risco de incendios.

eMonte Maquinaria. Precisas un tractor para desbrozar? En eMonte ofrecémosche a posibilidade de alugar un pequeno tractor da marca Kubota, para poder limpar o teu monte dunha forma segura e coas máximas comodidades. Podes alugar un tractor a través da nosa web, tan só indicando os días no que o precisas, e recibirás un orzamento de forma automática.

 

Estas dúas novas liñas de traballo, que se unen as outras lanzadas pola compañía (www.eMonte.es, www.VendoFinca.es ou eMonte cubicar), pretenden ofrecer unha resposta global aos desafíos e retos aos que se enfronta o sector forestal.

Para calquera dúbida, podes contactar con nós a través do correo: info@emonte.es