Axudas para accións silvícolas
-
Resumen
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR605A), a través de dúas liñas de axuda.
-
Finalidade / Obxectivo
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR605A), a través de dúas liñas de axuda.
-
Tipos de apoio
As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
-
Beneficiarios potenciais
1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores; non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán beneficiarios as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
-
Requisitos
1. Superficie mínima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas en couto redondo. Admitirase máis dun couto redondo.
b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun único couto redondo.
c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas.
-
Inversións ou gastos computables
1. Os tipos de actuacións subvencionables son os seguintes:
a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):
1º. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior:
– Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, que acadan unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
– Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa; porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.
2º. Rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas:
– Roza: despois do tratamento, a totalidade da superficie de actuación deberá estar rozada e altura do mato despois da roza non pode superar os 10 cm de altura.
– Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 metros e máxima 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se tivese realizado un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitado aos primeiros verticilos. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
– Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.
– Dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas, sempre que a altura do mato a faga necesaria.
b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou na rendibilidade da explotación forestal:
1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:
– Roza.
– Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo.
– Selección de abrochos.
– Rareos.
– Dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumular as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 euros.
2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:
– Rozas.
– Podas.
– Tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos.
– Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.
– Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 euros.
-
Cuantía da axuda
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, e calcularase sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico e tendo en conta o anexo VIII en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.
-
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde (08/01/2018).
-
Incompatibbilidades
1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou doutras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
e) Das superficies que figuren nas zonas densamente poboadas dos 7 municipios correspondentes coas maiores cidades de Galicia, segundo o establecido no PDR de Galicia 2014-2020, así como naquelas parroquias que, estando en concellos non considerados como urbanos, si teñen parroquias que teñen esas característica (https://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/MapaParroquiasGrao2016.htm).
f) Dos terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.
g) Dos hábitats definidos como prioritarios pola Directiva 92/43/CEE.
-
Referencia lexislativa