Vender madeira de forma agrupada xa é posible na Internet

O grupo operativo de innovación eMonte pon a disposición de todas e todos os galegos un novo servizo que permite xuntarse para vender conxuntamente a madeira dun monte nun determinado territorio.

En eMonte detectamos cun número importante de propietarios teñen dificultades para vender a madeira do seu monte principalmente por que a finca é moi pequena e os custes de saca para as empresas rematantes son moi elevados, e por conseguinte o prezo que poden ofrecer é máis reducido que para grandes lotes de madeira.

Estamos seguros que para resolver estes problemas o lema “A unión fai a forza” pode axudarche a vender a madeira do teu monte.

En eMonte queremos que te xuntes con familiares, amigos, veciños, coñecidos, etc. para vender a madeira do monte de forma agrupada. A máis volume, máis facilidades para a súa venda, e tamén poderás conseguir un mellor prezo.

Como funcionan as ventas conxuntas de eMonte?

  1. Rexistra a túa finca. Indícanos onde está situada a madeira que queres vender tan só cubrindo un sinxelo formulario (nome da finca, referencia catastral, especie e datos de contacto).
  2. Atopa propietarios. Poderás atopar outros propietarios forestais que queiran vender madeira na túa zona. Tan só terás que unirte ao lote aberto.
  3. Comparte. Comparte a túa intención de venta con amigos, veciños, familiares, etc. Anímaos a que vendan conxuntamente a madeira contigo.
  4. Vende a madeira!! Se todos os propietarios están de acordo co proceso, o lote sairá a poxa en eMonte.es na modalidade de Euros/Tonelada.

Accede ás ventas conxuntas clicando aquí.

O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.