Axudas para a creación de superficies forestais
-
Resumen
Axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas
-
Finalidade / Obxectivo
Axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipos de apoio
As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:
a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais
b) As infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde
c) Tamén se subvencionarán os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo III de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.
-
Beneficiarios potenciais
1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
-
Requisitos
Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como:
– Forestal (FO).
– Pasto con arboredo (PA).
– Pasto arbustivo (PR).
-
Cualificación requerida
1. Superficie mínima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e os propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas, en couto redondo de superficie mínima de 1 hectárea.
b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun único couto redondo.
c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas.
2. Superficie máxima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea. No caso das Sofor, a superficie máxima de actuación será de 50 hectáreas.
b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.
c) Malia o establecido nos parágrafos anteriores a superficie máxima de actuación pola que se poderá solicitar axuda en superficies que se encontren dentro da Rede Natura 2000 será de 6 hectáreas independentemente do tipo de propietario.
3. En todos os casos de continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
-
Inversións ou gastos computables
) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:
Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.
O importe máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo III, será de 1.853 euros en especies do anexo I (coníferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).
Este importe máximo de investimento por hectárea de actuación incluirá as axudas das medidas 8.3 e 8.5 outorgadas na mesma superficie nos últimos 5 anos.
b) As infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:
i) Deberanse localizar dentro ou estremeira coa área obxecto de forestación.
ii) O importe máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación que se calculará aplicando os valores máximos recollidos no anexo III, será de 255 euros por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude, e só no caso de que o solicitante estea obrigado á súa colocación segundo o artigo 30.1); de 7.580 euros por km de peche perimetral; e de 2.956,07 euros por km de arranxo de pista forestal.
iii) Ademais, a repercusión máxima total por ha de actuación no arranxo de pista forestal e de peche perimetral será de 720 euros. No caso do peche só se subvencionará cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética,…).
c) Tamén se subvencionarán os honorarios de redacción de proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo III de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.
2. O IVE non é subvencionable.
-
Cuantía da axuda
A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso.
As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2017 e 2018, con cargo ao código de proxecto 13.02.713B.770.0.2016 00207 por un importe de 9.000.000 € (3.000.000 € ano 2017, 6.000.000 € ano 2018).
-
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde (19/06/2017). É dicir, o prazo remata o día martes 1 de agosto de 2017.
-
Incompatibbilidades
As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria para a mesma finalidade. Así mesmo, tamén son incompatibles con calquera outra axuda concedida sobre a mesma superficie nos últimos cinco anos, coa excepción das medidas 8.3 e 8.5 do PDR de Galicia 2014-2020 (investimentos de prevención e reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais catástrofes ou investimentos para incremento da capacidade de adaptación e valor ambiental dos ecosistemas forestais).
-
Referencia lexislativa
AVISO!! Corrección de erros (29/06/2017):
-
Información e tramitación
Para máis información na Consellería do Medio Rural.
En www.eMonte.es, podémosche axudar no proceso desta solicitude de axuda. Infórmate sen compromiso.