Axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais
-
Resumen
Axudas para da Consellería do Medio Rural para rozas, demestas, rareos, podas, cortas de formación e plantacións puntuais de determinadas árbores, dentro do programa de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.
-
Finalidade / Obxectivo
Axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda:
- Liña I: axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
- Liña II: axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
-
Tipos de apoio
Os tipos de actuacións subvencionadas son as seguintes:
a) Liña I (axudas para realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):
1º. Rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior:
– Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
– Trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa; porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que o rareo se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.
2º. Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas:
– Roza de penetración, en masas de coníferas, previa á realización de podas (roza a media altura en liña de planta para poder chegar á árbore e realizar a poda), ou roza mecanizada en rúas.
– Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 metros e máxima 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se tivese realizado un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitada aos primeiros verticilos. No caso das masas de Pinus sylvestris L., as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 20 %.
– Trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.
– Dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas previas á realización de podas.
b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques).
1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 20 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m:
– Roza de penetración, en masas de frondosas, previa á realización de podas (roza a media altura en liña de planta para poder chegar á árbore e realizar a poda), ou roza mecanizada en rúas.
– Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo.
– Selección de abrochos.
– Rareos.
– Dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumularse as súas accións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 €.
2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha:
– Rozas.
– Podas.
– Tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos.
– Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.
– Dentro deste punto, poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 €.
-
Beneficiarios potenciais
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.
-
Requisitos
1. Superficie mínima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e os propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas en couto redondo en que a súa continuidade superficial non se interrompa pola existencia de barreiras naturais ou artificiais. Admitirase máis dun couto redondo.
b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun único couto redondo en que a súa continuidade superficial non se interrompa pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas.
2. Superficie máxima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos en que a súa continuidade superficial non se interrompa pola existencia de barreiras naturais ou artificiais, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 3 hectáreas.
b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun ou varios coutos redondos en que a súa continuidade superficial non se interrompa pola existencia de barreiras naturais ou artificiais e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 3 hectáreas.
c) No caso das Sofor, a superficie máxima de actuación será de 50 hectáreas.
-
Inversións ou gastos computables
Actuación Investimento total Importe máximo subvencionable (sen IVE) 1.1. Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha 1.031,41 1.031,41 1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa 682,68 682,68 1.3. Tope €/ha proxecto en rareos coníferas 47,85 47,85 2.1. Rozas previas á realización de podas en masas de coníferas 515,16 515,16 2.2. Primeiras podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha 605,70 605,70 2.4. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa 682,68 682,68 2.5. Tope €/ha proxecto en podas coníferas 47,85 47,85 3.1. Rozas 696,73 696,73 3.2. Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo 508,40 508,40 3.3. Selección de abrochos 694,87 694,87 3.4. Rareos 837,09 837,09 3.5. Tope €/ha proxecto en frondosas 47,85 47,85 4.1. Rozas 696,73 696,73 4.2. Podas con funxicida 661,40 661,40 4.3. Tratamento fitosanitario 131,87 131,87 4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta 194,77 194,77 4.5. Tope €/ha proxecto en castiñeiros 47,85 47,85 5. Cartel identificativo (só elixible aos solicitantes que estean obrigados á súa colocación segundo o artigo 26) 255,00 255,00 -
Cuantía da axuda
As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2017 e 2018, cun total de 7.500.000 Euros.
-
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será corenta e cinco días contados a partir do día seguinte ao da publicación (12/01/2017) desta orde: 16/03/2017
-
Referencia lexislativa