teño monte toural

Unha tarde inmellorable no Toural co 2º Photocall #TeñoMonte

O venres volviamos ás rúas de Compostela co 2º Photocall da campaña Teño Monte. Non puidemos ter máis sorte co tempo! Unha tarde soleada e unha noite suave que fixo que moita xente saíra de paseo pola Zona Vella… e estando na Praza do Toural, era imposible non vernos 😉

Ás 17:00 tiñamos todo preparado e non tivemos que agardar moito para que as primeiras persoas viñeran preguntar. A cousa animouse axiña e pouco a pouco a urna foi enchéndose de papeletas e os carballos de Plantamus Vivero foron marchando en boas mans. Quen o ten xa plantado no seu monte? Seria estupendo poder velos medrando!

Aproveitamos para dar un par de avisos importantes!

  • Aínda temos un photocall máis do que pronto informaremos polo miúdo. Lembrade que entre todas as persoas que participen sortearase 1 noite para 2 persoas en Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, uns aloxamentos moi especiais na serra de Outes.
  • Mañá a medianoite acaba o prazo para participar no sorteo de #TeñoMonte na rede. Igual que no photocall, teredes que dicirnos como se chama o teu monte e onde está. Sen máis! E o premio é o mesmo que para as persoas que participan no photocall.

E como despedida (por agora!) van todas as fotos da tarde do venres no Toural. Moitísimas grazas a todos os veciños e veciñas de Santiago que participaron ou que se interesaron pola plataforma eMonte.es.

Vémonos dentro de moi pouco!