Achégase a campaña #TeñoMonte!

O verán rematou… pero o outono vén cargado de novidades en eMonte.es!

En poucos días lanzaremos a campaña #TeñoMonte, unha iniciativa que resultou premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego que organiza o Concello de Santiago de Compostela.

Levamos xa un tempo traballando nos detalles para facer accións útiles e divertidas, que lle dean visibilidade ao monte galego e ás persoas que o coidan e xestionan de forma responsable, que recuperen a súa microtoponimia e que, ao mesmo tempo, sirvan a difundir entre os propietarios a plataforma eMonte.es, a primeira destas características en Galicia.

E estamos ledos cos resultados deste traballo! Pensamos que o que vas ver vaiche gustar, e cumpre ademais eses obxectivos que nos propuxemos coa campaña #TeñoMonte.

En que consistirá? Non imos revelar todos os detalles… pero si podemos dicirche que poderás atoparnos na rúa tres días distintos, en tres lugares diferentes da cidade, facendo recollida dos nomes tradicionais do monte galego coa axuda da veciñanza. Tamén poderás participar dende as redes sociais grazas ás dúas accións online que temos preparadas.

Como non, hai interesantes premios, que se sortearán entre as persoas que participen tanto nas accións na rúa como a través de Internet.

Proximamente daremos todos os detalles da campaña #TeñoMonte. Para non perdervos nada, seguide con atención este blog e as nosas redes sociais (Facebook | Twitter)

Mentres tanto… por que non te das de alta en www.emonte.es? Nuns poucos clics estarás dentro e poderás rexistrar os teus lotes e comezar a recibir ofertas pola túa madeira. Descubre neste vídeo o sinxelo que é o proceso e todas as vantaxes que eMonte ofrece aos propietarios forestais!