Xa disponible a ferramente que permite estimar o volumen da madeira dun monte

O grupo operativo de innovación eMonte, acaba de lanzar a beta pública de eMonte cubicar, unha aplicación que permite estimar o volumen de madeira dun lote de árbores das principais especies forestais de Galicia (Betula pubescens, Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens, Pinus pinaster, Pinus radiata, Pinus sylvestris, Pseudotsuga menziesii e Quercus robur.

eMonte cubicar, busca a través das TIC, facilitar a xestión das propiedades forestais. En particular esta ferramenta permítelle a propietarios forestais e/ou empresas o volumen de madeira nunha determinada parcela forestal.

A partir da información tomada a pé de campo, a ferramenta será capaz o volume en m3 dunha parcela, clasificar as trozas segundo o seu destino, valorar monetariamente o lote, etc.

Este traballo foi realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, en particular a Unidade de Xestión Forestal Sostible. Para obter unha explicación máis detallada da ferramenta pódese consultar o capítulo 8 do libro Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia.

eMonte cubicar está en fase de beta pública, polo que animamos a tod@s os interesados que empreguen a ferramenta nos envíen todas as incidencias detectadas ou dúbidas a través do enderezo de correo electrónico info@emonte.es, para que así poidamos mellorala.

O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Accede á ferramenta eMonte cubicar a través do seguinte enlace:

http://emonte.es/cubica/