Manual propietarios forestais

Cómo me rexistro?

Para poder vender lotes de madeira a través de E-MONTE é requisito imprescindible rexistrarse na plataforma. Establecemos este requirimento para tratar de garantir a veracidade dos lotes publicados na plataforma por parte dos propietarios forestais.

Para rexistrarte é necesario que completes un formulario e para acceder a este formulario podes facelo dende a páxina de inicio facendo clic en quero vender madeira ou ben premendo en Rexistro propietarios.

Rexistro propietarios

Cómo publico un lote?

Deberás seguir o asistente paso a paso e completar a información solicitada relativa ao lote. Podes incorporar fincas cunha superficie de máis de 3.500 metros cadrados:

1.º Datos do lote. A información proporcionada servirá á empresa para coñecer de antemán o lote en cuestión. imaxe2

2º Localizar a finca. Unha vez que completes a información solicitada, incluíndo a referencia catastral, a aplicación E-MONTE identificará automaticamente a parcela. O único que terás que facer será confirmar que efectivamente se trata da túa finca.

Qué pasa si a finca non se corresponde ou non vendo toda a madeira da finca?

Terás unha ferramenta para delimitar a parcela sobre o mapa.

Neste paso deberás colocar un marcador sobre a entrada principal da parcela.

Os pasos 1 e 2 repetiranse tantas veces como fincas queiras engadir ao lote.

3º Datos da poxa. Aquí deberás indicar o tipo de poxa que prefires para vender a túa madeira. Ofrecemos dúas opcións:

  • Por lote. Unha cantidade X pola túa madeira.
  • Por tonelada. Unha cantidade X por cada tonelada de madeira.

Tamén debes indicar en canto queres vender a túa madeira. Nós por defecto aconsellamos 30 días, para que as empresas teñan tempo suficiente para ver o lote, non obstante se tes présa por vender podes reducir ese tempo.

Neste paso tamén deberás indicar o tempo desexado de corta da madeira. Este tempo comezará a contar dende que a empresa adxudicataria obteña todos os permisos de corta necesarios.

4º Sinalar e embelecer. Recibirás por correo postal un ou máis carteis identificativos do lote que deberás colocar na entrada principal de cada unha das fincas, no mesmo lugar que marcaches a través do mapa no paso anterior.

Cando vaias colocar o cartel tamén deberás deixar ben claros os marcos da finca para iso podes empregar calquera tipo de elemento (estacas, postes, pintura, etc.). As empresas non deben ter dúbidas dos límites de cada unha das fincas.

A continuación deberás realizar fotografías da finca, da madeira, dos accesos, dos marcos, etc. Cantas máis fotos fagas máis atractivo será o teu lote para as empresas.

5º Finalizar. Para rematar o proceso deberás subir as fotografías a plataforma e indicar que xa colocaches o cartel e deixaches os marcos claros. Para iso deberás loguearte e acceder a Os meus lotes -> Pendentes de completar

Así que subas as fotos, deberás clicar en finalizar e unha vez revisada a información publicarase o lote na web.

Cómo vexo as ofertas do meu lote?

Todos os teus lotes estarán na sección privada “Os meus lotes”. Aqueles lotes que están activos figuran na pestana activos. Cando seleccionas o lote poderás ver as ofertas recibidas ata o momento polo teu lote.

Tamén podes acceder a el buscando dende a páxina principal o teu lote. Como propietario do lote se estás logueado verás as ofertas, do contrario visualizarás a información pública do lote.

Na páxina “Os meus lotes” tamén figuran:

  • Lotes pendentes de completar. Son aqueles que están pendentes de subir as fotografías e colocar o cartel na finca tal e como vimos no apartado Cómo publico o meu lote?
  • Lotes en proceso de verificación. Son aqueles que están pendentes de verificar por parte de E-MONTE para a súa publicación definitiva. Non requiren ningunha acción pola túa parte.
  • Por adxudicar. Son os lotes nos que rematou o tempo de poxa e están pendentes de que aceptes ou rexeites a oferta gañadora. É moi importante que tomes unha decisión, pois ata que o fagas a empresa gañadora non terá adxudicado o teu lote.
  • Lotes pechados. Histórico de lotes vendidos ou rexeitados a través da plataforma.

Menu Privado Propietarios

Qué fago unha vez remate a poxa?

Unha vez finalizada a poxa terás automaticamente ordenadas todas as ofertas recibidas pola túa madeira. Se queres ver o nome das empresas poderás solicitalo previo pago. Non obstante consideramos que non é necesario coñecer o nome xa que ofrecemos un sistema de valoración das empresas que elimina calquera tipo de desconfianza.

Pasos:

1º Aceptar/ Rexeitar a oferta. Non se obriga a vender a madeira si non consideras que é un prezo adecuado. Non obstante, establécese unha pequena penalización por rexeitar (ver Condicións Xerais).

Terás un prazo máximo de 5 días hábiles para tomar unha decisión.

2º No caso de aceptar a venda do teu lote, cruzaremos os datos entre propietario e empresa para o peche contractual da operación.

3º Unha vez remate o proceso de corta e finalice toda a operación poderás valorar o teu grado de satisfacción coa empresa, segundo catro criterios: seriedade, estado da finca, tempo de corta e cumprimento de pago. Tan só tes que acceder á ficha do lote.

Aceptar poxa