Manual empresas rematantes

Como me rexistro?

Para poder mercar lotes de madeira a través de E-MONTE é requisito imprescindible rexistrarse na plataforma. Establecemos este requirimento para evitar usos inadecuados da plataforma.

Para rexistrarte é necesario que completes un formulario. Accederás ao mesmo dende a páxina principal, premendo en Quero mercar madeira ou en Rexistro empresas.

Unha vez completados todos os datos, recibirás un correo confirmando a túa solicitude. O equipo de E-MONTE verificará toda a información e porase en contacto contigo. Mentres tanto non poderás realizar ofertas, así que canto antes o realices antes poderás mercar a través de E-MONTE.

Reistro empresas

Qué é o Green ABC e cáles son as súas vantaxes?

É un directorio específico de empresas do sector forestal que forman parte de E-MONTE. Só as empresas rexistradas neste directorio poderán participar nas poxas da plataforma. Participar dentro do Green ABC ten un custo variable que dependerá do nivel de facturación de cada empresa, que será solicitado no momento de rexistro, sendo totalmente confidencial e empregado unicamente para emitir as facturas. Ver Tarifas na Web.

Vantaxes:

  • Poder poxar na plataforma.
  • Acceder a un maior número de lotes.
  • Concentración da oferta.
  • Visibilidade da túa empresa na rede nun portal especializado.
  • Acceso a novos propietarios forestais.
  • Aforros de custes loxísticos e de persoal.

Cómo atopo lotes?

Na páxina principal de E-MONTE poderás coñecer todos os lotes de madeira dispoñibles. Disporás dun buscador e unha ferramenta de filtrado que che permitirá establecer os criterios de busca que ti consideres axeitados.

Unha vez atopas un lote do teu interese, accedes á ficha do lote para ver toda a información relativa ao mesmo.

Cómo chego á finca?

mobile_images

Unha vez teñas identificados un ou máis lotes, a través da APP de E-MONTE poderás chegar á finca sen necesidade de ir acompañado do propietario forestal. Para iso deberás descargar e instalar a APP (Google Play – Apple Store). A continuación, entrarás na ficha do lote no que estabas interesado. Visualizarás a mesma información que na web e o único que terás que facer será premer no botón “Ir á finca” e automaticamente abrirase o navegador do teu teléfono que che guiará paso a paso para chegar á parcela.

Non obstante, así que chegues á finca, verás un cartel identificativo de E-MONTE cunha referencia específica.

Se prefires empregar o teu navegador habitual tamén o poderás facer, para iso na ficha do lote aparecerán as coordenadas exactas do punto de entrada principal á finca.

Cómo fago unha oferta?

Unha vez valorada a madeira, no caso de estar interesado poderás facer unha oferta a través da web www.emonte.es e na páxina do lote disporás dun botón “Poxar” que che permitirá realizar unha oferta.

Hai dous tipos de poxas:

  • Por lote. Debes indicar unha cantidade X sen IVE (€) pola madeira.
  • Por tonelada. Debes indicar un prezo X  sen IVE por tonelada para cada especie (especie principal e especies secundarias) de madeira da finca.

É requisito indispensable ter abonada a cota do Green ABC para poder intervir nas poxas.

Qué ocorre cando fago unha oferta?

Unha vez realices a poxa, a plataforma indicarache automaticamente o lugar que ocupa a túa oferta actualmente. Poderás realizar cantas poxas estimes oportunas.

Que pasa se me superan a miña oferta?

No caso de que unha terceira empresa che supere a túa oferta, recibirás por correo electrónico un aviso para que se o consideras oportuno poder incrementar a túa oferta. OLLO: Ten coidado se pasa isto nos últimos minutos (ver apartado seguinte). 

MOI IMPORTANTE!! Que pasa coas poxas nos últimos minutos?

Si realizas unha oferta nos últimos minutos, e te colocas no primeiro posto da poxa, a plataforma indicará o mesmo. Pero OLLO debes ter presente que, ao igual que ti superaches a oferta doutra empresa,  unha terceira empresa che pode superar a oferta nestes instantes finais. Si isto ocorre, recibirás un correo electrónico avisándote que podes incrementar a túa oferta, a pesar de que no teu navegador o contador do tempo continúa a descender, e ti continúas a visualizar que estás primeiro na poxa, cando xa non é así. Debes ACTUALIZAR/RECARGAR o navegador para coñecer o estado real da poxa, do contrario poderás quedar sen o lote en cuestión.

RECOMENDACIÓN:

  • Si estás nos últimos minutos dunha poxa, debes ACTUALIZAR/RECARGAR CONTINUAMENTE A PÁXINA, premendo por exemplo F5 ou outra alternativa que teñas, para que este amose o estado en tempo real da poxa. A páxina de eMonte non recarga de forma automática, polo que o debes facer ti manualmente.
  • Nos últimos minutos dunha poxa, debes PRESTAR ATENCIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO, xa que no mesmo instante que che superan a oferta, enviarase un correo electrónico ao teu correo. Si isto ocorre faltando poucos segundos, pode que non che dea tempo a consultar o correo, polo que che recomendamos novamente que actualices continuamente nos instantes finais a páxina de eMonte.
  • Para rematar recomendámosche FACER A OFERTA ANTES DOS ÚLTIMOS MINUTOS, para minimizar o número de operacións que se pechen nos últimos segundos.

Cómo se pecha a operación?

Unha vez rematado o prazo da poxa, ofréceselle ao propietario a posibilidade de aceptar ou rexeitar a túa oferta.

  • ACEPTA: No caso de que acepte cruzaremos os datos entre empresa e propietario para que poidades pechar a operación e proceder a tala da madeira, para o que elaboramos un contrato vinculante entre as partes que debe ser firmado
  • REXEITA: En eMonte NON OBRIGAMOS a aceptar a oferta máis alta ao propietario, ao non fixarse un prezo de saída para a poxa, pero OLLO, non queremos que www.eMonte.es poida ser considera unha ferramenta de valoración. Para evitar isto, todos os usuarios que reciban ofertas pola madeira e decidan non vender, serán penalizados cunha pequena sanción (90,00 Euros).

No momento de peche da operación E-MONTE aplicará unha comisión segundo o estipulado no apartado de Tarifas da Web que deberás abonar segundo o método de pago elixido previamente.

Cómo accedo a información dos lotes nos que poxei?

Para iso disporás dentro do teu menú privado “Os meus lotes” diferentes seccións nas que poderás ver todos os lotes nos que participas ou participaches.

menu privado empresa