Tarifas para propietarios forestais

Tarifa de incorporación
O propietario forestal pode incorporar lotes de madeira en E-MONTE de xeito totalmente gratuíto.
Gratuito
Tarifa de venta
O propietario forestal non ten que pagar ningunha cantidade pola venta da súa madeira a través do portal.
Gratuito
Tarifa de rexeito
Se a propietaria ou propietario recibe algunha oferta pola súa madeira por parte das empresas rexistradas en eMonte, e decide rexeitala deberá sugragar os custes de publicación do lote que ascende a 90,00 Euros (*).

Esta penalización está estipulada para EVITAR UN MAL USO DA PLATAFORMA xa que eMonte non é unha ferramenta para valorar a madeira do monte, senón que é unha ferramenta para comprar e vender madeira.

(*) A penalización será eliminada sempre e cando o propietario/a no momento de publicación do lote, fixe, mediante un comentario, un prezo de saída da súa madeira. Así, si as empresas rexistradas en eMonte non son capaces de chegar á cantidade estipulada polo propietario, este non deberá pagar ningún tipo de penalización.

90,00 €
Tarifa de visualización
Aqueles propietarios que desexen coñecer o nome/s de todas as empresas que están detrás das súas ofertas poderán facelo previo pago de 100,00 €.

Non obstante, consideramos que non é necesario xa que ofrecemos un sistema da valoración das empresas como os que operan hoxe en día na Hostalaría e que presumen de efectividade.

100,00 €