Condicións Xerais e Aviso Legal
- Obxecto
O presente documento ten por obxecto establecer as Condicións Xerais da Plataforma E-MONTE (www.emonte.es), titularidade de E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. (en diante E-MONTE), con domicilio social na Rúa de San Pedro nº 50 1º, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña), con Número de Identificación Fiscal B-70454624 e inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, no tomo 254, folio 103, inscrición 1, folla SC-47792, con teléfono 609 46 96 14 e email info@emonte.es
E-MONTE resérvase o dereito a modificar as condicións legais que se expoñen neste documento sen previo aviso.
As presentes Condicións Xerais non exclúen a posibilidade de que determinados Servizos do Portal, polas súas características particulares, sexan sometidos ademais ás súas propias condicións particulares de uso (en diante as Condicións Particulares).
A utilización por parte do Usuario de calquera dos Servizos do Portal supón a súa adhesión e aceptación expresa a todas as Condicións Xerais na versión publicada no presente portal no momento no que o usuario acceda ao Portal, así como as Condicións Particulares que, no seu caso, lle sexan de aplicación.
- E-MONTE
E-MONTE é unha Plataforma Web que permite a compra/venta de lotes de madeira entre Propietarios Forestais e Empresas Rematantes mediante un sistema automatizado de poxa a través de Internet.
2.1 Necesidade de rexistro e autenticación dos Usuarios
Con carácter xeral, para o acceso ao portal E-MONTE non será preciso un rexistro de Usuario. Non obstante, a utilización de determinados Servizos está condicionada ao rexistro previo do Usuario (datos persoais e de facturación necesarios para a contratación).
Os Usuarios tamén poden rexistrarse mediante o servizo de rexistro de Facebook, Twitter e Google, de xeito que o usuario facilita o acceso a E-MONTE á base de datos de rexistro dos mencionados Sites.
A efectos das presentes Condicións Xerais considéranse as seguintes definicións:
- Usuario Propietario: Aquel Usuario que incorpora un lote de madeira no portal E-MONTE.
- Usuario Rematante: Aquel Usuario que amosa interese por adquirir un ou máis lotes de madeira publicados polos Usuarios Propietarios no Portal E-MONTE.
A efectos das presentes Condicións Xerais, trataranse aos Usuarios Propietarios e aos Usuarios Rematantes como Usuarios, en todo o que lle sexa de común aplicación.
Os datos introducidos polo Usuario (Usuario Propietario e Usuario Rematante) deberán ser exactos, actuais e verdadeiros en todo momento. No caso contrario, considerarase unha vulneración das presentes Condicións Xerais. O Usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados reservándose E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo Usuario que houbese facilitado datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. En ningún caso, o Usuario poderá rexistrar a outra persoa sen a debida autorización e consentimento expreso do mesmo.
O Usuario garante a veracidade dos datos facilitados no momento do rexistro e libra de calquera responsabilidade a E-MONTE fronte a unha posible reclamación.
En particular, o Usuario Propietario garante que é propietario da madeira da finca en cuestión ou dispón de autorización expresa para realizar a venda a través de E-MONTE.
Como consecuencia do rexistro facilitaráselle ao Usuario unha contrasinal, o Usuario será o responsable de facer un uso adecuado e dilixente da mesma e manter en secreto dita contrasinal de acceso ao seu perfil privado de E-MONTE. Será responsabilidade do Usuario a utilización dos servizos por calquera terceiro que empregue a contrasinal a causa dunha utilización non dilixente ou da perda da mesma por parte do Usuario autorizado. No caso de perda do contrasinal a plataforma E-MONTE dispón dos mecanismos necesarios para a recuperación da mesma.
Para que o rexistro se efectúe con éxito, o Usuario deberá aceptar estes termos e Condicións Xerais. A confirmación realizarase mediante a activación da súa conta de Usuario.
E-MONTE non está obrigada á aceptación de todas as solicitudes de rexistro que serán verificadas unha a unha, no caso de que se denegue o rexistro os datos aportados polo Usuario poderán ser bloqueados.
2.2 Normas de utilización da Plataforma
Os servizos ofertados en E-MONTE diríxense exclusivamente a persoas maiores de 18 anos. O Usuario manifesta e garante que ten a idade legar para formalizar un contrato vinculante, e que toda a información de rexistro que presenta é exacta e verdadeira.
O usuario obrígase a empregar a páxina web e todo o seu contido e servizos conforme ao establecido na lei, a moral, o orde público e as presentes Condicións Xerais. Do mesmo xeito, obrígase a facer un uso adecuado dos servizos e/ou contidos da páxina web e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou constitutivas de delito, que atenten contra os dereitos de terceiros e/ou que infrinxan a regulación sobre propiedade intelectual e industrial, ou calquera outra normativa de ordenamento xurídico que sexa de aplicación.
O Usuario obrígase a non transmitir, introducir, difundir e poñer a disposición de terceiros calquera tipo de material e información (datos, contidos, mensaxes, debuxos, imaxes, fotografías, etc.) que sexan contrarios á lei, á moral, ao orde público e ás presentes Condicións Xerais.
No caso de que o Usuario remita contidos de calquera tipo á plataforma, este declara e garante que ten dereito a facelo libremente, que dita información non infrinxe ningún dereito de propiedade intelectual, de marca, de patente, secreto comercial ou calquera outro dereito de terceiro, que dita información non ten carácter confidencial e que dita información non é prexudicial para terceiros.
O Usuario asume a responsabilidade e deixará indemne a E-MONTE por calquera dano derivado de calquera comunicación que proporcione persoalmente ou ao seu nome, alcanzando dita responsabilidade sen restrición algunha á exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade da mesma.
O Usuario debe manter os seus datos actualizados, ademais entende que durante o período de tempo que se atope rexistrado en E-MONTE, recibirá continuamente proposta de compra/venda de lotes por parte de outros Usuarios.
2.3 Exclusión de Responsabilidade
E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. non garante a veracidade nin a exactitude dos datos facilitados polos Usuarios a través da Plataforma, en consecuencia E-MONTE non se fai responsable dos datos aportados polos diferentes Usuarios.
O Usuario recoñece que ten dereito, autoridade e capacidade legal suficiente para celebrar o presente contrato e comprométese a cumprir todos os termos e condicións contidos no mesmo. Se durante o uso de E-MONTE por parte do Usuario este viola algunha das disposicións establecidas no presente acordo ou realiza algunha conduta contraria á norma vixente, E-MONTE poderá suspender o uso de Servizo e procederá a pechar a súa conta.
A responsabilidade dos lotes comprados e vendidos a través de E-MONTE recae en exclusiva nos propios Usuarios, E-MONTE non ofrece ningunha garantía nin asume ningunha responsabilidade sobre os lotes comercializados a través de E-MONTE.
Así mesmo E-MONTE non pode garantir a solvencia dos distintos Usuarios.
E-MONTE non pode garantir a continuidade da plataforma, a ausencia de erros nos contidos nin a corrección de calquera defecto que puidera xurdir, a ausencia de virus e/ou demais compoñentes prexudiciais do sitio web ou no servidor que o subministra. Do mesmo xeito E-MONTE avisará con antelación suficiente do mantemento ou previsibles erros do sistema.
Non obstante, E-MONTE declara que incluíu todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades, e do estado da tecnoloxía para garantir o funcionamento da Plataforma.
E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. é unha mera intermediaria entre ous Usuarios desta Plataforma Web sen que se poida facer responsable da actuación dos Usuarios que empregan a ferramenta para a compra/venda dos seus lotes a través da web www.emonte.es. Os Usuarios Propietarios son os únicos responsables da veracidade da información proporcionada, en canto ao lote en cuestión, e os Usuarios Rematantes, son pola súa parte os únicos responsables da veracidade da oferta realizada.
2.4 Dispositivos técnicos de enlace
O portal E-MONTE pon a disposición dos Usuarios dispositivos técnicos de enlace e ferramentas de busca que permiten aos Usuarios o acceso a portais que son titularidade de terceiros (enlaces). O Usuario recoñece e acepta que a utilización dos servizos e contidos dos portais enlazados será baixo o seu exclusivo risco e responsabilidade e exonerará a E-MONTE de calquera responsabilidade derivada do seu uso.
E-MONTE non será responsable indirectamente nin subsidiariamente dos danos e prexuízos de calquera natureza derivados de:
- O funcionamento, indispoñibilidade, inaccesibilidade e ausencia de continuidade dos portais enlazados e/ou os seus contidos.
- A falta de mantemento e actualización dos contidos e/ou servizos contidos nos portais enlazados.
- A falla de calidade, inexactitude, ilicitude, inutilidade dos contidos e servizos dos portais enlazados.
A exoneración de responsabilidade sinalada nos parágrafos anteriores será de aplicación no caso de que E-MONTE non teña coñecemento efectivo de que actividade ou a información á que se remite é ilícita ou de que lesiona bens ou dereitos dun terceiro, susceptibles de indemnización ou, si a tivese, actúe con dilixencia para retirar os datos e contidos ou facer imposible o acceso a eles.
O establecemento de calquera tipo de enlace por parte do sitio web a outro enlace web alleo non implica que exista ningún tipo de relación de colaboración ou dependencia entre E-MONTE e o responsable do sitio web alleo.
2.5 Propiedade intelectual e industrial
O Usuario recoñece que todos os elementos do portal E-MONTE e de cada un dos seus Servizos, a información e materiais contidos no mesmo, a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos e os programas de ordenador utilizados en relación co mesmo están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial de E-MONTE.
Salvo que fora autorizado por E-MONTE, ou que resulte legalmente permitido, o usuario non poderá reproducir, transformar, modificar, realizar enxeñaría inversa, distribuír, alugar, prestar, poñer a disposición ou permitir o acceso público a través de calquera modalidade de comunicación pública de ningún dos elementos referidos no parágrafo anterior.
Queda terminantemente prohibida a incorporación de contidos (textos, imaxes, anuncios e calquera outro elemento incluído na plataforma E-MONTE), total ou parcial, en outros sitios web alleos a E-MONTE, sen contares coa autorización previa e por escrito de E-MONTE.
O Usuario deberá utilizar os contidos, elementos e información á que acceda a través da plataforma E-MONTE e de cada un dos seus Servizos, unicamente para as súas propias necesidades, obrigándose a non realizar directa/indirectamente unha explotación comercial nin dos servizos nin dos contidos, elementos e información obtidos a través dos mesmos.
O Usuario deberá absterse de suprimir os signos identificativos dos dereitos de propiedade intelectual, industrial ou calquera outro de E-MONTE que figuren no portal E-MONTE e en cada un dos seus Servizos. Así mesmo, o Usuario deberá absterse de eludir ou manipular os dispositivos técnicos establecidos por E-MONTE, no portal E-MONTE e nos seus Servizos, ou en calquera dos contidos, elementos ou información obtidos a través do mesmo, para a protección dos seus dereitos.
Ao subir fotografías ao portal E-MONTE, o usuario cede gratuitamente a E-MONTE os dereitos de explotación de propiedade intelectual sobre as mesmas, polo que E-MONTE poderá reproducilas, transformalas, distribuílas e comunicalas ao público a través de calquera modalidade de explotación e utilizando calquera formato ou soporte ou medio de explotación ou comunicación. Dita cesión de dereitos non está suxeita a ningunha limitación de carácter temporal nin territorial, isto é, realízase para todo o mundo e por todo o tempo de vixencia legal dos mesmos. E-MONTE poderá exercer os dereitos de explotación das fotografías na forma que estime máis oportuna e poderá incluso transmitilos ou cedelos con carácter exclusivo ou non a terceiros, baixo as condicións que considere oportunas.
O Usuario garante que é pleno titular dos dereitos que se ceden a E-MONTE en virtude desta cláusula, e que o uso e explotación dos mesmos por E-MONTE non suporá violación algunha dos dereitos de propiedade intelectual, nin de imaxe, nin, en xeral, de ningunha outra clase, que correspondan a calquera terceiro, obrigándose a indemnizar e a manter indemne a E-MONTE en caso de infracción.
2.6 Navegación e Política de Cookies
Qué son as cookies e para qué as empregamos?
Empregamos cookies para facilitar o uso na nosa páxina web. As cookies son pequenos ficheiros de información que nos permiten comparar e entender cómo os nosos Usuarios navegan a través da nosa páxina web, e deste xeito poder mellorar o proceso de navegación. As cookies que empregamos non almacenan datos persoais, nin ningún tipo de información que lle poida identificar.
Qué tipos de cookies empregamos?
- Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico, e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, empregar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.
- Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral preestablecidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serían o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional dende onde accede ao servizo, etc.
- Cookies de análise: Son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para elo analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.
- Cookies publicitarias: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten xestionar da forma máis eficaz posible a oferta dos espacios publicitarios que hai na páxina web, adecuando o contido do anuncio ao contido do servizo solicitado ou ao uso que realice na nosa páxina web. Para isto podemos analizar os seus hábitos de navegación en Internet e podemos amosarlle publicidade relacionada co seu perfil de navegación.
- Cookies de publicidade comportamental: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor houbese incluído nunha web, app ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite crear un perfil específico para amosar publicidade en función do mesmo.
- Cookies de terceiros. A Web de E-MONTE pode utilizar servizos de terceiros que, por conta de E-MONTE, recopilen información con fins estatísticos, do uso do Site por parte do usuario e para a prestación doutros servizos relacionados coa actividade do Website e outros servizos de Internet.
O Usuario acepta expresamente, pola utilización de este Site, o tratamento da información recabada na forma e cos fins anteriormente mencionados.
Qué pasa se non quero recibir cookies?
En caso de non querer recibir cookies, por favor configure o seu navegador de Internet para que as borre do disco duro do seu ordenador, as bloquee ou lle avise en caso de instalación das mesmas. Sinalar que esta opción de bloqueo de cookies no seu navegador pode non permitirlle o uso pleno de todas as funcionalidades do Portal E-MONTE.
Se ten dúbidas sobre esta política de cookies, pode contactar con E-MONTE a través de info@emonte.es
- Condicións Particulares
3.1 Procedemento para a venda de lotes
Un Usuario Propietario que queira vender madeira a través da páxina web poderá facelo gratuitamente seguindo os seguintes pasos:
1º Rexistro na Plataforma Web.
2º Rexistro do lote. Para iso debe cubrir un sinxelo formulario coa información básica do lote (superficie, especie principal, localización, tipo de subasta, etc.).
3º Recibirá por correo postal un cartel identificativo que deberá situar na entrada principal da finca. Nesta etapa tamén deberá deixar claros os lindes e realizar fotografías da parcela. Tras realizar isto, deberá subir a información á web www.emonte.es
4º Un Usuario Propietario terá a posibilidade de valorar o grao de satisfacción co Usuario Rematante unha vez finalizada toda a operación de venda e tala da madeira, sempre e cando o contido do mesmo non resulte ilícito, obsceno, abusivo, constitúa un suposto de ameaza ou difamación, ou invada a privacidade de terceiros, infrinxa dereitos de propiedade intelectual ou de calquera outra forma, resulte ofensivo para terceiros ou censurables, nin consista en ou conteña virus informáticos, propaganda política ou contido publicitario, correos en cadea, envío masivo de correos ou constitúa calquera outro tipo de spam. E-MONTE resérvase o dereito a eliminar ou modificar calquera tipo de contido.
4º Finalmente agardará a recibir ofertas pola súa madeira no tempo estipulado para a poxa. O Usuario Propietario coñecerá todas as ofertas recibidas pola súa madeira pero non o nome da empresa. Rematado o tempo da poxa, o Usuario Propietario poderá aceptar ou rexeitar a/as ofertas recibidas, no caso de non estar de acordo con ningunha delas.
3.2 Procedemento para adxudicación dun lote
Un Usuario Rematante que queira mercar madeira a través da páxina web poderá facelo seguindo os seguintes pasos:
1º Rexistro na Plataforma Web. Toda empresa/autónomo que desexe realizar ofertas a través do Portal deberá estar rexistrado na Plataforma. Este rexistro ten un custo anual que se recolle dentro do apartado Tarifas da web www.emonte.es
Esta restrición está imposta para evitar un mal uso da Plataforma por empresas e autónomos, e así evitar as ofertas fraudulentas.
2º Realizar unha oferta polo lote. Un Usuario Rematante poderá facer unha oferta a través do Portal por un lote determinado. En todo momento a empresa coñecerá si a súa oferta é a máis alta, pero non coñecerá nin o nome nin o importe das poxas de terceiras empresas.
O Usuario Rematante comprométese a manter a oferta económica realizada a través da plataforma, non podendo baixo ningún suposto retirala xa que alteraría as condicións da poxa do lote.
3º Adxudicación do lote. Aquel Usuario Rematante que resulte adxudicatario dun lote aplicaráselle unha comisión que se restará automaticamente da valoración da madeira realizada pola empresa adxudicataria.
3.3 Penalizacións
Para evitar un mal uso do Portal, dende E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. establécense unha serie de penalizacións dirixidas tanto a Usuarios Propietarios como a Usuarios Rematantes:
- Usuario Propietario:
1.- Si recibe unha ou máis ofertas a través do Portal e decide non vender será penalizado. Isto faise para evitar que a plataforma se converta nunha mera ferramenta de valoración de lotes, xa que non é a súa finalidade. As penalizacións establecidas son as seguintes:
- a) Penalización económica: Cantidade establecida para paliar os custes de publicación do lote en monte.es. Ver importe na páxina de Tarifas do portal E-MONTE.
- b) Penalización do lote: A/as referencias catastrais do lote quedarán bloqueadas por un período de 10 anos, non podendo un Usuario Propietario incorporar lotes con esa Referencia durante o período de tempo estipulado.
2.- Aquel Usuario Propietario que desexe coñecer os nomes dos Usuarios Rematantes antes de tomar unha decisión de adxudicación, poderán solicitar dita información previo pago da cantidade recollida na páxina de Tarifas do portal E-MONTE. Non obstante, dende E-MONTE, considérase que non será necesario coñecer o nome á ora de adxudicar un lote xa que se ofrece un sistema fiable de valoración dos Usuarios Rematantes.
- Usuario Rematante:
1.- Un Usuario Rematante (Empresa/Autónomo) que non cumpra cos termos establecidos na poxa poderá ser sancionado por E-MONTE a través dos seguintes mecanismos:
- a) Penalización temporal. Limitación da posibilidade de poder facer poxas a través do portal durante o tempo que se estableza na Resolución de Sanción. En caso de reincidencia, o Usuario Rematante quedará bloqueado indefinidamente na plataforma.
- b) Penalización económica: 4% do valor da oferta adxudicada.
Coas anteriores medidas sancionadoras dirixidas a Usuarios Propietarios e Usuarios Rematantes preténdese evitar unhas malas prácticas de uso da plataforma que de efectuarse podería prexudicar os intereses presentes e futuros de todos os axentes implicados no sector forestal galego.
3.4 Prezo e pagos
Os prezos aplicables aos servizos contratados serán os publicados no apartado de Tarifas da Páxina Web e os referidos á comisión por operación serán publicados de forma automática no momento en que un Usuario Rematante realice unha oferta económica a través do Portal.
O Usuario asume que en todo caso as Tarifas dos servizos contratados poderá variar co transcurso do tempo. En todo caso, isto será comunicado previamente ao Usuario, e nunca poderá afectar á venda dun lote en curso.
As tarifas aplicadas expresaranse sempre na moeda euro.
O pago das Tarifas das distintas categorías debe facer a través dos seguintes medios:
- Mediante transferencia bancaria á conta designada por E-MONTE.
- Mediante domiciliación bancaria.
O Usuario acepta recibir por correo electrónico facturas polos Servizos ofertados por E-MONTE. Así mesmo, vostede poderá obter unha copia da súa factura en papel contactando gratuitamente a través do enderezo info@emonte.es
Calquera aclaración sobre a política de pagos pode ser aclarada chamando ao teléfono 609 46 96 14 ou ben enviando un correo ao enderezo info@emonte.es
3.5 Lexislación aplicable e xurisdición competente
Estas Condicións Xerais e Condicións Particulares rexeranse conforme á lexislación española en aquilo non recollido expresamente. Ante calquera conflito, o Usuario aceptar someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela, renunciando a calquera foro que lle puidese corresponder.
3.6 Reclamacións e servizos de atención ao cliente
E-MONTE non será responsable de ningunha das disputas que poidan ter os Usuarios da plataforma, xa que E-MONTE debe ser considerado como un facilitador web cunhas obrigacións que se detallan nestes termos e Condicións Xerais.
Non obstante calquera dúbida ou aclaración sobre a funcionalidade, facturación ou calquera dos servizos ofertados por E-MONTE, poderá ser aclarada chamando ao teléfono 609 46 96 14 ou enviando un correo á dirección info@emonte.es
Cando as queixas ou reclamación sexan por produtos ou servizos ofrecidos por Usuarios distintos a E-MONTE, E-MONTE SOLUCIONS FORESTAIS S.R.L. trasladará as reclamacións a cada unha das empresas obxecto da reclamación, e enviaralle ao Usuario copia de todos os comunicados que se realicen a fin de que o Usuario poida exercer directamente os seus dereitos.
- Política de protección de datos persoais
E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. titular do dominio www.emonte.es, é tamén titular da base de datos de carácter persoal proporcionada polos Usuarios.
O acceso e a utilización de ditos datos por parte de www.eMonte.es realizarase segundo o disposto pola presente Política de privacidade de datos persoais, así como polas Condicións Xerais e Aviso Legal, que o Usuario acepta expresamente e se compromete a respectar.
A aceptación da política de privacidade, mediante o procedemento establecido a través de recadros de verificación, considerarase como declaración afirmativa a través da cal o Usuario presta o seu consentimento expreso e inequívoco (tal e como establecen os artigos 6 ao 9 do Regulamento Xeral de Protección de Datos – RGPD) ao tratamento dos datos de carácter persoal nos termos que se recollen no presente documento.
eMonte.es terá acceso e tratará os datos persoais dos usuarios rexistrados na web www.eMonte.es de conformidade co previsto na presente Política de privacidade de datos persoais. Os mesmos recolleranse a través do formulario de rexistro, formulario de publicación do lote ou envío de datos mediante correo electrónico. O Usuario comprométese a que os datos facilitados sexan correctos, exactos e actualizados, asumindo calquera responsabilidade que puidese xurdir en caso de proporcionar datos inexactos, incompletos ou equivocados en calquera formulario solicitado por eMonte.es. O Usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. o dereito a excluír dos Servizos ofertados a todo Usuario que facilite datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
A efectos de ofrecer un mellor Servizo, eMonte.es pode enviar un email notificando calquera información relevante relacionada co Portal, así como polos distintos servizos ofrecidos pola empresa. Non obstante, poderá darse de baixa en calquera momento enviando un correo electrónico a info@emonte.es.
eMonte.es non cederá ou transmitirá a ningún terceiro os datos de carácter persoal, salvo no caso de que sexa necesario para o cumprimento dunha correcta prestación do servizo ou o cumprimento de obrigas legais ou requirimentos da autoridade competente. Os seus datos persoais poderán cederse á Administración no cumprimento de obrigas legais, a provedores de servizo de entidades de pago e a empresas que prestan servizos tecnolóxicos.
Algunhas páxinas da web de eMonte poden influír referencias ou vínculos a sitios web de terceiros. Estes sitios teñen as súas propias normas de protección de datos e eMonte.es non se fai responsable das súas operacións. Os usuarios que envíen información a ou mediante estes sitios web de terceiros deben revisar e aceptar a Política de privacidade de ditos sitios antes de facilitar calquera información de carácter personal.
A información persoal obtida dos Usuarios rexistrados almacénase na base de datos propiedade de E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L., que asume as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencial idade e integridade da información de acordo co establecido na normativa vixente de protección de datos.
Calquera Usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceder e rectificar os seus datos de carácter persoal a través do seu perfil privado dentro da Plataforma. Se así o desexa, tamén poderá cancelar os datos de carácter persoal proporcionados a E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. mediante comunicación escrita dirixido a info@emonte.es.