O sector primario en perspectiva de número de empresas
No día de onte, o Instituto Galego de Estatística publicou os datos relativos á actividade empresarial na nosa Comunidade. Neste senntido, a finais do ano 2015 en Galicia operaban un total de 245.417 empresas, dúas mil máis que as rexistradas doce meses antes.
O sector primario non segue esta tendencia, xa que se pasou dun total de 44.179 empresas a 43.193, é dicir unha redución do 2,23%.
Por actividades, o sector primario non evolucionou homoxenemente. A agricultura, gandería e caza, e a pesca e acuicultura diminuíron o número de empresas que operaron no ano 2015. Pola contra, a silvicultura e explotación incrementou o número de empresas. Neste sentido, a finais do ano 2014 en Galicia operaban un total de 1.364 empresas, e a finais do ano pasado en Galicia existían 1.479, é dicir houbo un incremento de máis dun 8 %.