Medio Rural subasta 63 lotes de madeira na provincia de Lugo
A Consellería do Medio Rural publicou no día de hoxe a convocatoria dunha poxa de 63 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo de toda a provincia de Lugo, cun prezo de saída superior aos 2.100.000 Euros.
En total ponse á venta un total de 98.590 m3 de madeira, repartidos en 132.176 pés, procedentes dos concellos de Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, Lugo, Monterroso, Navia de Suarna, Palas de Rei, A Pastoriza, A Pobra de Brollón, Pol, Portomarín, Qurioga, Sarria, Vilalba, Viveiro, Bóbeda, Paradela, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.
Todos os lotes de madeira en venta córtanse ao estar en quenda as árbores.
As especies que se venden son variadas: pinus pinaster, pinus radiata, pinus sylvestris, Eucalyptus globulus e frondosas.
Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:
http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/produccion_e_industrias/subastas/