Medio Rural subasta 30 lotes de madeira por máis de 1,1 millóns

A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 30 lotes de madeira de montes de xestión pública da provincia lucense, cun prezo de saída de 1.126.906 Euros para unha poxa total de 61.265 metros cúbicos.

As 104.784 árbores que se poñen á venda proceden dos concellos de Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, A Fonsagrada, Guitiriz, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Pastoriza, Pobra de Brollón, Quiroga, Taboada, O Vicedo e Vilalba.

A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades, e tan só hai dous lotes con presenza de eucalipto.