Medio Rural subasta 30 lotes de madeira na provincia de A Coruña

Consellería do Medio Rural publicou no día de hoxe a convocatoria dunha poxa de 30 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo de toda a provincia de A Coruña, cun prezo de saída 183.977,87 Euros.

Os lotes véndense en dúas modalidades:

  •  A Risco e Ventura. 7.848,79 m3 repartidos en 35.831 pés, procedentes dos concellos de Cedeira, Ortigueira, Ribeira, Porto do Son, Boiro  e Rianxo. As especies presentes en algún dos lotes son Pinus pinaster, Pinus sylvestris, Pinus radiata, Eucalyptus globulus, Quercus robur, Castanea sativa ou Acacia.
  • A Resultas. 3.718,22 Toneladas procedentes dos concellos de Cedeira, Ribeira, Boiro e Rianxo.  As especies presentes nalgún destes lotes son: Pinus radiata, Pinus pinaster e Eucalyptus globulus.

Os motivos da corta van dende a rexeneración, adaptación a distancias, quenda, clara ou incendio.

Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/es/areas/forestal/produccion_e_industrias/subastas/