Enxeñería Forestal Asefor, S.L.
Especializados na Xestión Forestal e na adaptación dos montes aos estándares de certificación forestal FSC® e PEFC, axudamos a manter a competitividade dos produtos forestais nun entorno globalizado, aumentar o valor engadido de estes e ofrecer unha oportunidade de mellora para o sector forestal, dende os máis pequenos produtores ata as empresas de transformación.
O servizo ofrecido abarca a planificación, xestión e seguimento dos procesos, todo realizado dun xeito comunicativo e preto das necesidades dos produtores.
A gran experiencia no sector sitúa a ASEFOR como consultora pioneira na creación de Grupos de Pequenos Propietarios, posibilitando a certificación FSC para dous grupos de estas características en Galicia, ofrecendo deste xeito unha posibilidade de desenrolo e competitividade para a propiedade minifundista. Este logro posibilita que outros pequenos propietarios forestais poidan conseguir estas vantaxes que ofrecen melloras económicas, ambientais e sociais para o mundo rural galego.
ASEFOR ten como obxectivo dar apoio aos propietarios forestais e acercarlles a certificacións aos seus montes para que dispoñan dunha ferramenta fundamental para poder competir ao máis alto nivel nun mundo globalizado.
Especialmente sensibles cos pequenos propietarios, sendo conscientes da realidade social do fraccionamento da superficie, elaboramos un sistema que lles permite competir, baseándose na máxima de que a unión fai a forza, diminúe custos e reparte responsabilidades.