Gran acollida na Industria Forestal galega do proxecto E-MONTE
Ao longo destes últimos meses estívose traballando na posta en marcha do proxecto E-MONTE que foi liderado pola Agrupación Empresarial Innovadora Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), e que recibiu financiamento do Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR) dentro do programa de apoio ás AEI para contribuír á mellora da competitividade da industria española.
O obxectivo do proxecto foi a creación dunha ferramenta innovadora que permita unha mellora da xestión dos lotes de madeira por parte das empresas rematantes, e tamén actualizar a operativa de compra/venda de lotes de madeira entre os provedores da materia prima, é dicir, os propietarios forestais, e as empresas rematantes.
O proxecto contou coa participación directa de varias empresas galegas (Maderas Villapol S.A. e E-Monte Solucións Forestais S.R.L.) e tamén coa participación indirecta doutras empresas, asociacións e axentes ligados á Industria Forestal galega. En total máis de 150 persoas participaron na posta en marcha deste ambicioso proxecto.
Datas salientables:
- 17/12/2015 Dinámica con empresas rematantes.
- 02/02/2016 Dinámica con propietarios forestais, asociacións e comunidades de montes veciñais.
- 08/03/2016 Presentación pública do proxecto en Monforte de Lemos.
- 17/03/2016 Presentación pública do proxecto en Ordes.
Como resultado do proceso creáronse dunhas ferramentas innovadoras: unha plataforma web e unha APP que melloran a competitividade das pemes da indutria forestal galega e tamén dos máis de 672.000 propietarios forestais de Galicia.
Título do proxecto: “E-MONTE. Plataforma innovadora para la gestión de lotes de madera por parte de las empresas rematantes”, nº de expediente “AEI-010500-2015-287”, importe da axuda concedida polo MINETUR: 19.340,00 €.