Preguntas Frecuentes
1.- Cales son os requisitos para vender un lote?
Para a venta dun lote o propietario terá que estar rexistrado na plataforma e cubrir todos os datos solicitados no rexistro.
En e-Monte só se poden incorporar fincas cunha superficie de polo menos 3.500 metros cadrados xa que para unha superficie inferior os custos de aproveitamento para as empresas rexistradas na plataforma son moi elevados.
Inicialmente debido ao arranque da plataforma, só se poden incorporar lotes situados no distritos forestais III, Santiago de Compostela e comarca, e no distrito forestal VIII, Monforte de Lemos e comarca. Isto está está establecido así xa que a meirande parte das empresas rexistradas en e-Monte operan en ditas zonas. A medida que se vaian incorporando empresas á plataforma, o ámbito de actuación de e-Monte abarcará toda Galicia.