E o premio do concurso ‘Se o monte falase’ vai para…
Rematou!
O concurso ‘Se o monte falase’, a derradeira acción da campaña #TeñoMonte, gañadora da IV edicion do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago, xa ten un resultado final grazas aos vosos votos.
E a historia gañadora é a de CARLOTA VILA, que compartía con nós as súas lembranzas de cativa e a lenda da Santa de Moldes e a aldea asolagada de Valverde.
PARABÉNS, Carlota! 🙂 Agardamos que aproveites ben a túa recompensa e que esa noite para 2 nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque sexa unha experiencia inesquecible! 🙂
Durante as dúas semanas que durou o concurso, recibimos relatos realmente especiais. Grazas tamén a todos e todas vós, participantes e votantes, por facernos chegar, valorar e compartir con todo o mundo esas lembranzas tan persoais e senlleiras. Non poden ser doutro tipo cando falamos do noso monte!! 😉
Paga a pena volver a botarlles un ollo. Podedes facelo dende a páxina de eMonte en Facebook ata o final desta semana!
Agradecemos tamén a colaboración e o apoio tanto do Concello de Santiago de Compostela e ao Departamento de Lingua Galega. Agardamos que moitas máis empresas e entidades de todo tipo aposten por facer a súa publicidade en galego grazas a iniciativas coma esta!
E aquí podedes ler o relato gañador completo:
“Me encantan as excursións por sendeiros polos montes da nosa terra, xa sexan polas fragas e levadas do Calvo, polo rio da Montaña máxica, pola regada e o pico da Nevosa e así moitos lugares que poder citar. Pero o que sempre recordarei son aquelas caminatas de pequena que son o que agora me fai vivir o monte o maximo posible cos pequenos da familia. Que momentos de pequeña, cantas aventuras en familia sumbido o monte Curota desde a Pobra e descansar cunhas vistas da ria únicas. Recordo con moito agarimo as historias que nos contaba o noso tio facendo do paseo toda una aventura mezclando e inventando lendas polos roteiros que iamos descubrindo a cada paso. Unha das mais coñecidas que sempre nos contaban era a da Santa de Moldes que di a lenda que deu a espalda a población de Valverde (desaparecida baixo as dunas) despois que dunha noite una muller con neno pidindo que a cobixarán ningen a auxiliou e misteriosamente esa mesma noite un maremoto enterrou a población para sempre. E conta a historia que a despois do ocurrido en Valverde, a Santa non quiso volver a saber do acontencido e deu a espalda e asi a atapamos agora o comenzó do ascenso a pico mirando pra Curota. Procuro agora transmitir os pequenos da familia esa misma experiencia cando escapamos polo monte xa que o monte é historia da nosa terra, e historia de nos”, por Carlota Vila.