e-Monte segunda no VI Premio Ideas
O pasado día 30 de xuño de 2016, e-Monte recibiu o segundo galardón do VI Premio Ideas, convocado pola Fundación Una Galicia Moderna, entidade vinculada ao Colexio de Economistas de A Coruña.
Ao evento, celebrado en Palexco, asistiron un centenar de personalidades do ámbito institucional e empresarial. Entre elas, o Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez e o director do Igape, Javier Aguilera.
A compañía bioctenolóxica Qubiotech foi a primeira clasificada, polo que percibirá un premio de 5.000 €. A actividade de Qubiotech céntrase no desenvolvemento e comercialización de novidosas ferramentas tecno-informáticas de análise de imaxe e xestión da información para a mellora do diagnóstico.
En e-Monte, a primeira plataforma de compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas rematantes de Galicia, recibimos o segundo premio, dotado con 1.000 euros. O terceiro premio, consistente nunha bolsa para cursar o Master en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas de A Coruña, recaeu na startup coruñesa Pilgrim Global Solutions, unha iniciativa empresarias cuxas bases aséntanse no desenvolvemento de sistemas de xestión integrados centrados na xeolocalización, aplicacións móbiles multinivel e novos sistemas de pago.