Da árbore á cadeira. A madeira e as súas artes
Ata o 5 de novembro podes visitar, no Museo Centro Gaiás, a exposición Da árbore a cadeira. Unha viaxe emocional que a Cidade da Cultura dirixide a nosa ollada cara á madeira, elemento imprescindible para entender a nosa identidade.
Comisionada polo arquitecto Carlos Seoane, Da árbore á cadeira, amosa as dúas vidas e narrativas da madeira. A primeira, como produto da natureza, como material vivo que conforma a nosa paisaxe e unha parte de nós mesmos. E unha outra historia, a da súa segunda vida como elemento moldeado polo home.
O percorrdio comeza nos propios bosques galegos, coa ollada de fotógrafos como Manuel Vilariño, Vari Caramés, José Caruncho, Juan de la Sota ou Juan Rodríguez, que se mesturan coas obras de Castelao, Seoane, Maside, entre outros.
A segunda parte da exposición está centrada na madeira como produto, amosando deseños de mobles contemporáneos da man de Xosé Bar Bóo, os irmáns Alejandro e Jesús de la Sota, Creus e Carrascp e Isaac Díaz Pardo. Xunto a eles, tamén se atopan creacións de outros prestixiosos arquitectos e deseñadores galegos.
Da árbore á cadeira péchase cun recoñecemento aos artesáns e á tradición construtiva a través dos instrumentos de labor procedentes do Museo do Pobo Galego e do Museo do Moble da Estrada.
A exposición Da árbore á cadeira pode visitarse de martes a domingo en horario de 10 a 20 horas, e tamén ofrece visitas comentadas de martes a domingo totalmente de balde, nas que profundar no patrimonio natural e na historia do moble de Galicia (de martes a venres: 17:30 horas, sábados, domingos e festivos: 12:30 e 17:30 horas. Semana Santa, xullo e agosto, de martes a domingo ás 12:30 e ás 17:30 h).