concurso se o monte falase

Presentamos o concurso ‘Se o monte falase’: participa coa túa historia!

A nosa campaña #TeñoMonte sigue adiante con máis accións e ideas para recuperar o contacto cos nosos montes. Aínda que os Photocall na rúa xa remataron, quédanos unha sorpresa para vós:

Presentamos o concurso “Se o monte falase”, unha iniciativa para saber non só os nomes, se non tamén as historias e anécdotas que pasaron e seguen a pasar acotío no monte, as lendas, os costumes e formas de vida… elixe ben o que contas e participa!

Como podo participar no concurso?

Moi sinxelo! Só tes que ser maior de idade, seguir a nosa páxina de Facebook e elixir a historia que queres contar. E nun senso moi amplo! Podes contar algo que che pasara a ti estando no monte (o da túa propiedade, ou calquera outro), algo que che contou outra persoa, unha lenda ou historia curiosa sobre o monte, unha tradición ou costume antiga, ou mesmo explicarnos por que se chama como se chama. Tira do fío e saca o talento narrativo que levas dentro!

Non che quedou claro? Imaxinemos algúns exemplos!

  • Esa vez que te perdiches no monte e tiveron que saír a buscarte de noite.
  • Ou aquela outra en que quedaches durmido e espertaches cun raposo cheirando na túa cabeza.
  • Cando o teu avó ou avoa contábache que vira á Santa Compaña entre os bosques da súa finca.
  • Esa festa tan peculiar que se celebra unha vez ao ano no monte preto da túa vila ou aldea: o que se fai, o que se come, o que se fala…
  • Algunha lenda ou superstición ligada a un monte en concreto.
  • … non imos dar máis pistas! 😉

Para poñercho aínda máis fácil, podes participar a través da páxina de Facebook de eMonte Galicia, pero tamén ao final deste artigo sen sequera saír do blog! 😉 Unha vez que envíes a túa historia, todo o mundo poderá darlle un voto se lle gusta. O concurso remata o 21 de novembro a media noite, e a historia que daquela teña máis votos será a gañadora do noso estupendo premio! Lembra que se compartes a túa participación coas túas amizades, chegará a máis xente e así poderás conseguir máis votos.

Animámoste tamén a que lle botes un ollo ao que contan o resto de participantes e participes tamén votando as súas historias. Se non es quen de decidir por quen votar, polo menos seguro que pasas un anaco divertido e interesante! 😉

 

Cal é o premio para a persoa gañadora?

Como todo concurso, “Se o monte falase” ten premio. E é un moi tentador que xa vos soará se nos coñecedes:

De novo, ofrecemos a oportunidade de pasar unha noite, coa persoa que ti queiras, nas senlleiras cabanas nas árbores de Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, uns aloxamentos únicos localizados na serra de Outes.

cabanas do barranco

cabañitas del bosque

 

NON O PENSES MÁIS E PARTICIPA XA!