www.VendoFinca.es, o portal específico que permite a compra/venda de parcelas.
Nace www.VendoFinca.es, o portal específico que permite a compra/venda de parcelas.
O grupo operativo de innovación eMonte, acaba de lanzar a beta pública de www.VendoFinca.es, un portal dependente de eMonte, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas.
VendoFinca.es, busca a través das TIC, facilitar a xestión das propiedades rústicas e evitar así o abandono do rural de toda a cadea de valor, en especial do sector forestal, un dos sectores estratéxicos en Galicia. A través de este portal calquera persoa interesada en vender ou mercar montes, parcelas rústicas, terreos, etc. poderao facer dun xeito moi cómodo e intuitivo.
VendoFinca ten tres puntos fortes:
- Localización exacta da parcela. Tan só introducindo a referencia catastral, a plataforma localizará a finca. Ademais, tamén permite debuxar sobre un mapa.
- Buscador personalizado por provincias, concellos e outros filtros. Deste xeito será moito máis sinxelo localizar o monte ou parcela que máis che interese.
- Concentración da oferta e demanda de fincas rústicas. Un lugar especializado onde atopar comprador ou vendedor dunha parcela forestal e/ou agrícola.
O portal é froito das peticións feitas polos usuarios potenciais do proxecto eMonte. Un número importante de persoas, estaban interesadas en vender tanto a madeira do seu monte, coma o propio monte. Para facilitar este proceso, creouse www.VendoFinca.es, diferenciando así por un lado a venda da terra, coa venda exclusiva das árbores.
VendoFinca.es está en fase de beta pública, polo que animamos a tod@s os interesados empregar o portal e enviarnos todas as incidencias detectadas a través do enderezo de correo info@vendofinca.es , para que así sexa mellorada.
O grupo operativo de innovación conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, dentro do programa de axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.