Medio Rural subasta 22 lotes de madeira en Ourense
A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria dunha poxa de 22 lotes de madeira de montes de xestión pública ao longo da provincia de Ourense, cun prezo de saída de 896.663 Euros.
26.599 m3 véndense na modalidade de risco e ventura, e pola contra 19.777 toneladas véndese a resultas.
Os máis de 68.000 pés en venda proceden dos concellos de Avión, Beariz, Cenlle, Leiro, Verea, Montederramo, Rubiá, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Riós, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.
Os motivos da corta son variados: uns lotes están en quenda, outros víronse afectados por un incendio ou temporal, e noutros pretende realizarse un clareo.
A especie presente nos 30 lotes é o piñeiro, coas súas variedades (Pinus pinaster, radiata, sylvestris) e tan só hai un lote con presenza de eucalipto.
Máis información sobre as condicións da convocatoria no seguinte enlace:
http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/producion_e_industrias/poxas/