Grupo operativo eMonte

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, convocou unhas axudas para a execución de proxectos de grupos operativos da Asociación Europea de Innovación (AEI), e para a realización de accións de cooperación para a implantación de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario, agrícola e forestal.

Neste sentido, o grupo operativo eMonte, integrado polo Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Trabajos Agrícolas M. Graña e finalmente a empresa E-Monte Solucións Forestais S.R.L., foi seleccionada como beneficiaria de dito programa.

O grupo operativo naceu co obxectivo de permitir que todos os axentes implicados no sector forestal galeo poidan realizar as xestións dunha forma moito máis sinxela mediante a aplicación das TIC.

Na actualidade o grupo operativo está a traballar neste senso, e nos próximos meses poderá visualizarse todo o traballado realizado, sobre todo no referido á incorporación de novas funcionalidades á plataforma eMonte.

O proxecto está cofinanciado nun 75% co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, nun 22,5% con fondos da Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural) e un 2,5% con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.