Así contaron os medios de comunicación a campaña #TeñoMonte
Moito deu que falar a nosa campaña Teño Monte dende o seu lanzamento!
O traballo pagou a pena: estamos moi satisfeitos co resultado e agradecemos moitísimo o apoio de tantas persoas e entidades á nosa idea e ás accións que levamos a cabo tanto na rúa como nas redes sociais. Agardamos que o pasarades ben participando nelas e que aprenderades tanto coma nós sobre os nosos montes! 😉
Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que os medios de comunicación galegos contaron sobre Teño Monte e sobre a nosa plataforma de compravenda de madeira. Pinchando no pe de foto podedes ler as novas completas:
Tamén aparecimos nalgunas televisións, como Correo TV, Santiago TV ou Nós Televisión, a reportaxe que podedes ver xusto sobre estas liñas.
Para rematar, recomendámosvos pasar pola web (ou pola tenda, directamente) de Catrineta Conserveira, gañadoras tamén do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego, que tamén fixeron unha interesante campaña publicitaria.
¡Moitas grazas por seguirnos durante este tempo! Agardamos que o sigades facendo e que se tedes madeira que vender no voso monte probedes a facelo a través da plataforma eMonte.