Axudas e apoios
Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concello da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (Pel Emprende Investimento 2018). Deputación da Coruña.
Estas axudas da Deputación da Coruña teñen por obxecto o fomento da iniciativa empresarial e están enmarcadas na Liña 2 PEL – EMPRENDE: Apoio á creación de empresas no ámbito local do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña para o período 2016-2019, unha estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento sustentable da provincia que ten como principal obxectivo fixar poboación nos concellos do territorio e contribuír a un crecemento sustentable dos mesmos promovendo a creción de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural.
Grazas ao Programa PEL Emprende Investimento 2018 da Deputación da Coruña, E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. recibiu unha axuda para a adquisición de maquinaria agrícola (tractor) para o lanzamento de dúas novas liñas de negocio en eMonte.
Nº de expediente: 2018000008154
Contía da axuda: 20.000 €
Axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) e para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, da Consellería do Medio Rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
As axudas para a execución de proxectos de grupos operativos (GOs) da Asociación Europea da Innovación (AEI), baixo a submedida 16.12, en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal, que teñen un efecto directo sobre a área focal 6B establecida no PDR 2014-2020: promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.
Ao mesmo tempo terán efectos secundarios sobre as áreas focais:
- 2B: facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, a remunda xeracional.
- 5B: uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de produtos agrarios.
- 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.
– 5C: facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía.
O proxecto de cooperación encádrase dentro da área prioritaria e) Aplicación das TIC ao sector forestal galego. O proxecto de incedirá en diferentes axentes que forman parte da cadea de valor do sector forestal galego.
No proxecto de cooperación participan as seguintes entidades:
- Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD). Coordinador do proxecto.
- Universidade de Santiago de Compostela.
- Manuel Graña Golán.
- E-Monte Solucións Forestais S.R.L.
Nº de expediente: FEADER 2016/06B