Maderas Villapol
O aproveitamento forestal constitúe unha das principais actividades de Maderas Villapol S.A., a cal desenvolve en todo o territorio español, aínda que de forma máis intensa nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria.
A pesar de que a base deste labor de leva a cabo sobre montes de propiedade privada, a empresa participa tamén nos concursos convocados por entidades públicas como concellos e gobernos autonómicos.
A actividade de aproveitamento forestal realizada por Villapol comprende todos os procesos necesarios para a intervención sobre unha masa forestal, dende a compra previa da madeira á súa corta, desembosque e transporte aos centros de transformación. Para este labor, a empresa dispón dos medios mecánicos máis modernos, como procesadoras, autocargadores e camións todo terreo.
A empresa aparte de realizar os traballos coa calidade que se require ofrece aos seus provedores, clientes e traballadores plenas garantías ambientais, laborais e económicas logradas ao longo dos 50 anos de historia da empresa e ratificadas cos sistemas de xestión da calidade ISO 9001 o de seguridade e saúde no traballo OHSAS 18001 e o do medio ambiente ISO 14001. Completando os sistemas de xestión son pioneiros na certificación forestal tanto por FSC como PEFC.