Búscase propietario forestal

En e-Monte creamos unha ferramenta non só pensada para as empresas, senón tamén para os máis de 672.000 propietarios forestais que existen en Galicia, que son a base da pirámide da industria forestal.

Si tes unha finca con madeira (carballos, castiñeiros, eucaliptos, piñeiros, etc.) e te enfrontaches ao proceso de venda da mesma, seguro que te fixeches en algunha ocasión estas preguntas: Quen me pode comprar a madeira? Canto vale? Con cantas empresas me poño en contacto? Teño tempo para ir á finca e ensinar a madeira a varias empresas? Merecerá a pena? Vendería a madeira a un bo prezo? Será esta empresa unha boa empresa?

Estas e outras moitas cuestións soluciónanse con www.emonte.es, a primeira plataforma de compra/venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas. A partir de agora poderás vender a madeira da túa finca, ao mellor prezo, e ademais coa máxima comodidade. Simplemente tes que incorporar a túa finca na plataforma, colocar un cartel de e-Monte na finca e agardar a recibir ofertas.

Si tes unha finca con madeira nalgún dos concellos da táboa, ponte en contacto con nós para obter máis información.

  • Distrito Forestal III Santiago, Meseta Interior – Ordes
  • Ames
  • Arzúa
  • Boimorto
  • Boqueixón
  • Brión
  • Cerceda
  • Frades
  • Melide
  • Mesía
  • O Pino
  • Ordes
  • Oroso
  • Santiago de Compostela
  • Santiso
  • Sobrado
  • Teo
  • Toques
  • Tordoia
  • Touro
  • Trazo
  • Val do Dubra
  • Vedra
  • Distrito Forestal VIII Terra de Lemos
  • A Pobra de Brollón
  • Bóveda
  • Carballedo
  • Chantada
  • Folgoso do Courel
  • Monforte de Lemos
  • O Saviñao
  • Pantón
  • Quiroga
  • Ribas de Sil
  • Sober
  • Taboada
  • Santiago de Compostela
  • Santiso
  • Sobrado
  • Teo
  • Toques
  • Tordoia
  • Touro
  • Trazo
  • Val do Dubra
  • Vedra

– – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – – –

En e-Monte hemos creado una herramienta no solo pensada para las empresas, sino también para los más de 672.000 propietarios forestales que existen en Galicia, y que son la base de la pirámide de la industria forestal gallega.

Si tienes una finca con madera (robles, castaños, eucaliptos, pinos, etc.) y en alguna ocasión has tenido que vender la misma, seguro que te has hecho estas preguntas: ¿Quién me puede comprar la madera? ¿Cuánto vale? ¿Con cuántas empresas me tengo que poner en contacto? ¿Tengo tiempo para desplazarme a la finca y enseñar la madera a varias empresas? ¿Merecerá el esfuerzo? ¿Vendería la madera a un buen precio? ¿Será una empresa solvente?

Estas y otros muchos interrogantes se solucionan con www.emonte.es, la primera plataforma de compra/venta de lotes de madera entre propietarios forestales y empresas rematantes. A partir de ahora puedes vender la madera de tu finca, al mejor precio, y además con la máxima comodidad. Simplemente tienes que incorporar tú finca a la plataforma, colocar un cartel de e-Monte en la finca y esperar a recibir ofertas por parte de las empresas registradas en la plataforma.

Si tienes una finca con madera en alguno de los ayuntamientos de la tabla, y quieres que las empresas registradas en e-Monte te compren tu madera, ponte en contacto con nosotros para obtener más información.

 

Gran acollida na Industria Forestal galega do proxecto E-MONTE

0004 0003 0002 0001Ao longo destes últimos meses estívose traballando na posta en marcha do proxecto E-MONTE que foi liderado pola Agrupación Empresarial Innovadora Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD), e que recibiu financiamento do Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR) dentro do programa de apoio ás AEI para contribuír á mellora da competitividade da industria española.

O obxectivo do proxecto foi a creación dunha ferramenta innovadora que permita unha mellora da xestión dos lotes de madeira por parte das empresas rematantes, e tamén actualizar a operativa de compra/venda de lotes de madeira entre os provedores da materia prima, é dicir, os propietarios forestais, e as empresas rematantes.

O proxecto contou coa participación directa de varias empresas galegas (Maderas Villapol S.A. e E-Monte Solucións Forestais S.R.L.) e tamén coa participación indirecta doutras empresas, asociacións e axentes ligados á Industria Forestal galega. En total máis de 150 persoas participaron na posta en marcha deste ambicioso proxecto.

Datas salientables:

  • 17/12/2015 Dinámica con empresas rematantes.
  • 02/02/2016 Dinámica con propietarios forestais, asociacións e comunidades de montes veciñais.
  • 08/03/2016 Presentación pública do proxecto en Monforte de Lemos.
  • 17/03/2016  Presentación pública do proxecto en Ordes.

Como resultado do proceso creáronse dunhas ferramentas innovadoras: unha plataforma web e unha APP que melloran a competitividade das pemes da indutria forestal galega e tamén dos máis de 672.000 propietarios forestais de Galicia.

Título do proxecto: “E-MONTE. Plataforma innovadora para la gestión de lotes de madera por parte de las empresas rematantes”, nº de expediente “AEI-010500-2015-287”, importe da axuda concedida polo MINETUR: 19.340,00 €.

Gobierno - Ministerio - DGIPYME color logo-AEI

 

E-MONTE seleccionada para participar na segunda edición de Galicia Open Future

E-MONTE está a participar dende o mes de setembro de 2015 no Galicia Open Future, o gran centro de emprendemento galego posto en marcha por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia.

O programa, integrado na rede Open Future da multinacional española, ofrece recursos e ferramentas para a evolución de 50 proxectos empresariais innovadores que teñen en comúns as TIC pero que abranguen sectores moi diversos como a saúde, o motor, a agricultura, a madeira, etc.

E-MONTE foi seleccionada entre as máis de 180 candidaturas recibidas procedentes de Galicia e Portugal. Durante os 6 meses de duración do programa está a recibirse formación e adestramento especializado co obxectivo de madurar o proxecto e o seu modelo de negocio.

O programa pode seguirse en Twitter a través da conta oficial @OpenFuture_Gal ou tra través do Facebook @GaliciaOpenFuture. O mesmo desenvólvese no centro crowdworking da Cidade da Cultura, onde E-MONTE ten situada a súa oficina nestes meses. Tras esta etapa de aceleración, sairán os tres proxectos gañadores que recibirán unha axuda de ata 25.000 euros.

E-MONTE leva o primeiro premio do I Concurso de Proxectos Empresarias Semente de Monforte

O día 6 de xaneiro de 2014, os Reis Magos trouxeron algo máis que xoguetes a Monforte de Lemos, viñeron acompañados do premio gordo da lotería do Neno. Grazas a esta inxección de ilusión e tamén de cartos, xorde a Asociación Semente Monforte e con ela o I Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte, unha iniciativa que buscaba axudar a poñer en marcha proxectos empresariais.

En outubro do 2014 E-MONTE iniciou a súa aventura no I Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte, no que se presentaron máis de 80 proxectos empresariais procedentes de distintos recursos tanto de Galicia como do resto de España.

Tras unha primeira criba, na que só quedaron 10 proxectos seleccionados, tivo lugar o día 14 de marzo de 2015 no Parador de Monforte de Lemos unha emocionante gala de premios, onde E-MONTE conseguiu o primeiro premio.

“Case un ano despois do galardón, podemos dicir que a idea de crear unha plataforma de compra/venda de lotes de madeira xa é unha realidade, que non sería posible sen o voto de confianza recibido por parte do xurado I Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte”, comenta Víctor Rivas, CEO de E-MONTE.

Diversos medios de comunicación fixéronse eco da noticia. Podes ler esta información en La Voz de Galicia, El Progreso, Sermos Galiza e Praza Pública.