O sector primario en perspectiva de número de empresas

No día de onte, o Instituto Galego de Estatística publicou os datos relativos á actividade empresarial na nosa Comunidade. Neste senntido, a finais do ano 2015 en Galicia operaban un total de 245.417 empresas, dúas mil máis que as rexistradas doce meses antes.

O sector primario non segue esta tendencia, xa que se pasou dun total de 44.179 empresas a 43.193, é dicir unha redución do 2,23%.

Por actividades, o sector primario non evolucionou homoxenemente. A agricultura, gandería e caza, e a pesca e acuicultura diminuíron o número de empresas que operaron no ano 2015. Pola contra, a silvicultura e explotación incrementou o número de empresas. Neste sentido, a finais do ano 2014 en Galicia operaban un total de 1.364 empresas, e a finais do ano pasado en Galicia existían 1.479, é dicir houbo un incremento de máis dun 8 %.

Así contaron os medios de comunicación a campaña #TeñoMonte

Moito deu que falar a nosa campaña Teño Monte dende o seu lanzamento!

O traballo pagou a pena: estamos moi satisfeitos co resultado e agradecemos moitísimo o apoio de tantas persoas e entidades á nosa idea e ás accións que levamos a cabo tanto na rúa como nas redes sociais.  Agardamos que o pasarades ben participando nelas e que aprenderades tanto coma nós sobre os nosos montes! 😉

Leer más

concurso se o monte falase

E o premio do concurso ‘Se o monte falase’ vai para…

Rematou!

O concurso ‘Se o monte falase’, a derradeira acción da campaña #TeñoMonte,  gañadora da IV edicion do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago, xa ten un resultado final grazas aos vosos votos.

E a historia gañadora é a de CARLOTA VILA, que compartía con nós as súas lembranzas de cativa e a lenda da Santa de Moldes e a aldea asolagada de Valverde.

PARABÉNS, Carlota! 🙂  Agardamos que aproveites ben a túa recompensa e que esa noite para 2 nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque sexa unha experiencia inesquecible! 🙂

Leer más

concurso se o monte falase

Presentamos o concurso ‘Se o monte falase’: participa coa túa historia!

A nosa campaña #TeñoMonte sigue adiante con máis accións e ideas para recuperar o contacto cos nosos montes. Aínda que os Photocall na rúa xa remataron, quédanos unha sorpresa para vós:

Presentamos o concurso “Se o monte falase”, unha iniciativa para saber non só os nomes, se non tamén as historias e anécdotas que pasaron e seguen a pasar acotío no monte, as lendas, os costumes e formas de vida… elixe ben o que contas e participa!

Leer más

Rematan os eventos na rúa da campaña Teño Monte

O pasado venres 4 de novembro montamos o noso Photocall por terceira vez dende que comezamos a campaña Teño Monte. Iso si: esta foi a derradeira! Aínda que non as tiñamos todas con nós e estivemos toda a tarde cun ollo posto no ceo, a sorte acompañounos e permitiu tamén que a veciñanza da Zona Nova de Compostela viñera a coñecernos, a falar con nós e a participar cos nomes dos seus montes. Leer más

photocall teño monte

O venres 4 de novembro, 3º Photocall #TeñoMonte na Praza Roxa

Non hai 2 sen 3! Este venres 4 de novembro plantaremos (nunca mellor dito) o xa coñecido Photocall da campaña #TeñoMonte na Praza Roxa. Entre as 17:00 e as 20:00 aproveita a última oportunidade de amosar ao mundo o nome do teu monte… e tamén, claro, de participar no sorteo do fantástico premio que xa coñecedes:

1 noite para 2 personas nunha cabana entre as pólas das árbores. Concretamente, nas Cabanas do Barranco ou Cabañitas del Bosque, na Serra de Outes.

Leer más

teño monte toural

Unha tarde inmellorable no Toural co 2º Photocall #TeñoMonte

O venres volviamos ás rúas de Compostela co 2º Photocall da campaña Teño Monte. Non puidemos ter máis sorte co tempo! Unha tarde soleada e unha noite suave que fixo que moita xente saíra de paseo pola Zona Vella… e estando na Praza do Toural, era imposible non vernos 😉

Leer más

campaña teño monte

#TeñoMonte volve á rúa! 2º Photocall, venres 21 na Praza do Toural

Despois da estupenda acollida da primeira acción de rúa da campaña #TeñoMonte, este venres volvemos con máis ganas e máis agasallos!

Se non puideches vir ao primeiro Photocall, esta é a túa oportunidade: o 21 de outubro estaremos na Praza do Toural entre as 17:00 e as 20:00h.

Leer más

Sorteo Teño Monte Facebook Cabaniñas do Bosque

Sorteo #TeñoMonte en Facebook: participa e gaña 1 noite para 2 na serra de Outes!

Como adiantabamos a semana pasada, a campaña #TeñoMonte non só está nas rúas de Compostela… tamén está na rede!

Abrimos o 1º Sorteo #TeñoMonte en Facebook!

Poderás participar dende as 16:30h de hoxe, 11 de outubro, ata o día 25 a medianoite e que está tamén premiado con 1 noite para 2 persoas nas Cabanas do Barranco ou nas Cabañitas del Bosque.

Leer más

plaza abastos teño monte

Montes de sorrisos na Praza de Abastos co photocall de #TeñoMonte

Este sábado comezaba a campaña #TeñoMonte coa primeira das accións na rúa: o photocall no Mercado de Abastos de Santiago.

E a verdade é que foi todo un éxito! Xente de tódalas idades achegouse a preguntarnos ‘de quen viñamos sendo’ e, unha vez que llo explicamos, recebimos moi boas impresións tanto de propietarios como de non propietarios. Ata algún turista preguntou polos carballos de Plantamus Vivero Galicia... que por certo, repartimos todos os que tiñamos! Agardamos que os teñades xa plantados na terra do voso monte, onde corresponden!

Leer más

campaña #TeñoMonte

A campaña #TeñoMonte arranca o sábado na Praza de Abastos de Santiago

Chegou o día… chegou a romaría! Despois de moito traballo, por fin podemos contarvos todos os detalles da campaña #TeñoMonte!

Como sabedes, o obxectivo desta campaña, que resultou premiada no Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego que organiza o Concello de Santiago de Compostela, é por unha banda recuperar a microtoponimia do monte galego, con axuda das persoas propietarias e da propia veciñanza de Compostela, e pola outra, dar a coñecer a plataforma eMonte.es

Leer más

Achégase a campaña #TeñoMonte!

O verán rematou… pero o outono vén cargado de novidades en eMonte.es!

En poucos días lanzaremos a campaña #TeñoMonte, unha iniciativa que resultou premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego que organiza o Concello de Santiago de Compostela.

Levamos xa un tempo traballando nos detalles para facer accións útiles e divertidas, que lle dean visibilidade ao monte galego e ás persoas que o coidan e xestionan de forma responsable, que recuperen a súa microtoponimia e que, ao mesmo tempo, sirvan a difundir entre os propietarios a plataforma eMonte.es, a primeira destas características en Galicia.

Leer más

O sector forestal no Ulla Tambre Mandeo

O Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Ulla Tambre Mandeo (GDR UTM), formado por diversas entidades dos concellos de Melide, Santiso, Toques, Sobrado, Arzúa, Touro, O Pino, Boimorto e Vilasantar, publicou recentemente no seu blog unha pílula informativa sobre o sector forestal.

Podedes acceder á mesma, premendo no seguinte enlace.

En www.emonte.es non queremos perder a ocasión de destacar algún datos que se recollen na mencionada pílula.

Nos concellos que forman parte do GDR UTM  a superficie forestal no ano 2011 (53%) é inferior á media galega (59%).

Toques, Sobrado, Touro e O Pino contan cunha superficie forestal por riba da media galega.

A distribución dos montes veciñais non é homoxénea: no 55,56% dos concellos non existe ningunha comunidade, no 33,33% existe unha comunidade, e en tan só un concello (Toques) existen 8 comunidades de montes.

A través de www.emonte.es, os propietarios forestais dispoñen dunha ferramenta para poder vender a madeira do seu monte.

Fonte: GDR Ulla Tambre Mandeo http://ullatambremandeo.blogspot.com.es/

 


El Grupo de Desenvolvemento Rural GDR Ulla Tambre Mandeo (GDR UTM), formado por diversas entidades de los ayuntamientos de Melide, Santiso, Toques, Sobrado, Arzúa, Touro, O Pino, Boimorto y Vilasantar, ha publicado recientemente en su su blog una píldora informativa sobre el sector forestal.

Puedes acceder a la misma, haciendo clic en el siguiente enlace.

En www.emonte.es no queremos perder la ocasión de destacar alguno de los datos que se mencionan en la píldora.

En los ayuntamientos que forman parte del GDR UTM la superficie forestal en el año 2011 (53%) es inferior a la media gallega (59%).

Toques, Sobrado, Touro y O Pino destacan por encima de la media en cuanto a superficie forestal.

La distribución de los montes vecinales non es homogénea: en el 55,56% de los ayuntamientos no existe ninguna comunidad, en el 33,33% existe unha CCMMVV, y en tan solo uno (Toques) existen 8 comunidades de montes.

A través de www.emonte.es, los propietarios forestales disponen de una herramienta para poder vender la madera de su monte.

Duplícase a creación de empresas vinculadas coa actividade forestal en Galicia

Segundo os últimos datos do Boletín Oficial del Registro Mercantil (Borme), recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o número de sociedades mercantís constituídas e vinculadas a actividade forestal en Galicia case se duplica con respecto ás cifras do ano 2012.

Das 26 sociedades mercantís constituídas no ano 2012 pasouse o ano pasado a un total de 51 sociedades segundo o CNAE silvicultura e explotación forestal.

Por provincias, na que máis sociedades se crearon foi A Coruña (20), seguida de Lugo (13), Pontevedra (11) e finalmente Ourense (7).

No que vai de ano 2016, ata o mes de agosto creáronse en Galicia un total de 32 sociedades vinculadas coa silvicultura e explotación forestal.

A venda de madeira en pé

A venda de madeira en pé consiste en adxudicar á empresa rematante a madeira disposta no monte, de forma na que esta se fai cargo da corta, preparación e saca da madeira.

Todos aqueles propietarios forestais que teñan madeira no seu monte, poderán vendela a través de www.emonte.es coa máxima comodidade.

En e-Monte ofrecemos dúas modalidades de venda:

  • A risco e ventura. A empresa rematante comprométese á compra da madeira inicialmente estimada polo propietario por un importe fixo, asumindo ambas partes o risco da marxe de erro da medición á alza ou baixa. É dicir, o propietario coñecerá de antemán cantos cartos vai a obter pola súa madeira. Exemplo: 10.000 Euros por toda a madeira da Chousa do Muíño.
  • A resultadas. Neste sistema, o pago final da madeira estará suxeito á medición definitiva da corta, unha vez apeadas ás árbores. O prezo obtido polo propietario dependerá do número de toneladas obtidas na finca en cuestión. Exemplo: 35 Euros/Tonelada polos Eucaliptos da Chousa do Muíño.

Para proceder á venda da madeira do teu monte nalgunha das modalidades anteriores, tan só tes que rexistrarte como propietario e cubrir un formulario moi sinxelo.

 


La venta de madera en pie consiste en adjudicar a la empresa rematante la madera puesta en el monte, de forma en la que se haga cargo de la corta, preparación y saca de la madera.

Todos aquellos propietarios forestales que dispongan de madera en sus fincas, podrán venderla en www.emonte.es con la máxima comodidad.

En e-Monte ofrecemos dos modalidades de venta:

  • A riesgo y ventura. La empresa rematante se compromete a la compra de la madera inicialmente estimada por el propietario por un importe fijo, asumiendo ambas partes el riesgo del margen de error de la medición al alza o baja. Es decir, el propietario conocerá de antemano la cantidad de dinero que obtendrá por su madera. Ejemplo: 10.000 Euros por toda la madera de la Chousa do Muíño.
  • A resultas. En este sistema, el pago final de la madera estará sujeto a medición definitiva de la corta, una vez apeados los árboles. El precio obtenido por el propietario dependerá del número de toneladas cortadas en la finca en cuestión. Ejemplo: 35 Euros/Tonelada por los Eucaliptos de la Chousa do Muíño.

Para proceder a la venta de la madera de tu monte en alguna de las modalidades anteriores, tan solo tienes que registrarte como propietario y cubrir un formulario muy sencillo.

 

Icon made by [Freepik] from www.flaticon.com 

O que os nosos bosques poden aportar á Lexislatura

Un total de 25 entidades vinculadas co sector forestal español uníronse baixo a iniciativa Juntos por los bosques para elaborar unha proposta na que en primeiro lugar se resume o que supoñen os bosques, e toda a riqueza que aportan á sociedade. E en segundo lugar, se propoñen cinco puntos de actuación primordiais para os primeiros cen días de Goberno. Dito documento está destinado a todas as formacións políticas con representación parlamentaria.

5 medidas prioritarias

  1. Constituír o Consello Forestal Nacional como órgano consultivo en materia de montes e política forestal.
  2. Asegurar unha dotación idónea para o sector forestal nos presupostos do 2017.
  3. Posta en marcha efectiva do Passfor (Plan de activación socioeconómica del sector forestal).
  4. Proposta de medidas en IRPF, imposto de sociedades, imposto sobre o patrimonio e imposto sobre sucesións co obxectivo de conseguir unha xestión forestal sostible e a mobilización dos recursos.
  5. Axenda de traballo de lexislatura en asuntos forestais.

Podes acceder ao documento completo premendo aquí.

Firmantes do documento:

 


Un total de 25 entidades vinculadas con el sector forestal español se unieron bajo la iniciativa Juntos por los bosques para elaborar una propuesta en la que en primer lugar se resumen los beneficios de los bosques, y toda la riqueza que aportan a la sociedad. Y en segundo lugar, proponen cinco puntos de actuación prioritarios para los primeros cien días de gobierno. Dicho documento está destinado a todas las formaciones políticas con representación parlamentaria.

5 medidas prioritarias

  1. Constituir el Consejo Forestal Nacional como órgano consultivo en materia de montes y política forestal.
  2. Asegurar una dotación idónea para el sector forestal en los presupuestos del 2017.
  3. Puesta en marcha efectiva del Passfor (Plan de activación socioeconómica del sector forestal).
  4. Propuesta de medidas en IRPF, impuesto de sociedades, impuesto sobre el patrimonio e impuesto sobre sucesiones con el objetivo de conseguir una gestión forestal sostenible y la movilización de los recursos.
  5. Agenda de trabajo de legislatura en asuntos forestales.

Puedes acceder al documento completo pinchando aquí.

e-Monte participou en Galiforest 2016

e-Monte participou no IV Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest Abanca 2016, que se celebrou durante os días 30 de xuño, e 1, e 2 de xullo de 2016 nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Esta nova edición de Galiforest pechou cunha afluencia de máis de 5.800 persoas procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León, Madrid e Cataluña. Así mesmo, a feira contou coa presenza de visitantes doutros países como Portugal, Italia, Alemaña, Suecia ou Finlandia. O certame contou coa participación de 180 firmas expositoras de 18 países.

Ademais da exposición e demostración de maquinaria, tamén tiveron un papel importante as xornadas técnicas, as cales acolleron máis de vinte conferencias con contido de gran interese. Entre as mesmas tivo lugar o día 1 de xullo unha pequena de presentación de e-Monte, onde o seu CEO, Víctor Rivas, expuxo ao público (tanto propietarios forestais como empresas) asistente o funcionamento da plataforma de compra/venda de lotes de madeira.

Podes acceder ao catálogo completo de expositores e programa premendo aquí.

IMG_20160701_180149 IMG_20160701_180213 IMG_20160701_181517

 


e-Monte participó en el IV Monográfico Forestal Internacional para el Sur de Europa, Galiforest Abanca 2016, que tuvo lugar durante los días 30 de junio, y 1, y 2 de juliode 2016 en las instalaciones do Centro de Formación y Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Esta nueva edición de Galiforest cerró con una afluencia de más de 5.800 personas procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castilla y León, Madrid y Cataluña. Así a la feria asistieron visitantes de otros países como Portugal, Italia, Alemania, Suecia o Finlandia. En el certamen participaron más de 180 firmas expositoras de 18 países.

Además de la exposición y demostración de maquinaria, también tubieron un papel importante las jornadas técnicas, las cuales acogieron más de veinte conferencias con contenido de gran interés. Entre las mismas tuvo lugar el día 1 de julio una pequeña presentación de e-Monte, en donde su CEO, Víctor Rivas, expuso al público (tanto propietarios forestales como empresas) asistente el funcionamiento de la plataforma de compra/venta de lotes de madera.

Puedes acceder al catálogo completo de expositores y programa pinchando aquí.

e-Monte segunda no VI Premio Ideas

 

O pasado día 30 de xuño de 2016, e-Monte recibiu o segundo galardón do VI Premio Ideas, convocado pola Fundación Una Galicia Moderna, entidade vinculada ao Colexio de Economistas de A Coruña.

Ao evento, celebrado en Palexco, asistiron un centenar de personalidades do ámbito institucional e empresarial. Entre elas, o Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez e o director do Igape, Javier Aguilera.

A compañía bioctenolóxica Qubiotech foi a primeira clasificada, polo que percibirá un premio de 5.000 €. A actividade de Qubiotech céntrase no desenvolvemento e comercialización de novidosas ferramentas tecno-informáticas de análise de imaxe e xestión da información para a mellora do diagnóstico.

En e-Monte, a primeira plataforma de compra-venda de lotes de madeira entre propietarios forestais e empresas rematantes de Galicia, recibimos o segundo premio, dotado con 1.000 euros. O terceiro premio, consistente nunha bolsa para cursar o Master en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas de A Coruña, recaeu na startup coruñesa Pilgrim Global Solutions, unha iniciativa empresarias cuxas bases aséntanse no desenvolvemento de sistemas de xestión integrados centrados na xeolocalización, aplicacións móbiles multinivel e novos sistemas de pago.

 

A Xunta apoiará con 600.000 € as empresas forestais que superen os 10.000 metros cúbicos de madeira empregada

No Consello do Goberno do día de hoxe, a Xunta anunciou que apoiará cunha achega total de 600.000 euros ás empresas de primeira transformación de produtos forestais que superen os 10.000 metros cúbicos de madeira empregada. Esta convocatoria está dirixidas a aquelas empresas que quedaron excluídas de percibir axudas procedentes de fondos comunitarios, xa que a normativa europea impedía que as industrias desta dimensión se beneficiasen de fondos comunitarios.

O importe de axuda para cada empresa beneficiaria será do 25% dos custos elixibles; no caso de pequenas empresas, a axuda poderá incrementarse ata un máximo do 35%. A axuda máxima por beneficiario será de 100.000 euros.

Mediante estes fondos as empresas poderán financiar investimentos en activos fixos produtivos tales como bens de equipamento e instalacións en serradoiros e obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de serra, nave de serradura, e para almacenamento de produtos no propio serradoiro. Tamén os bens de equipamento, instalación e obra civil necesarios para almacenamento doutros produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.) na propia industria.

Agárdase que a orde se publique en breves no Diario Oficial de Galicia. As empresas interesadas disporán dun prazo dun mes dende a publicación da orde de axudas.

 

Enlace ao Consello da Xunta.

 

Ábrese ao público o Bosque de Galicia

A comezos desta semana, o presidente da Xunta, xunto co conselleiro de Cultura e o alcalde da cidade de Santiago, inauguraban o xa coñecido como Bosque de Galicia, un proxecto de reforestación con especies autóctonas das ladeiras do Gaiás.

O Bosque ten 24 hectáreas de superficie, case tres veces a extensión da Alameda, e máis de 7000 pequenas árbores autóctonas plantadas. Ademais, conta con 3700 metros de zonas peatonais, aínda en proceso de iluminación, abertas ao público dende as sete da mañá ata as once da noite.

Este pulmón verde na cidade compostelana está encadrado dentro da primeira fase do proceso de humanización da Cidade da Cultura, xunto co mirador do Gaiás, dous parques infantís e un xardín cunha lagoa.

Que árbores podemos atopar no Bosque de Galicia?

Cun total de 7030 plantados, no Bosque podemos atopar os seguinte once tipos de árbores autóctonas galegas:

  • Bidueiro, 4325 exemplares
  • Carballo, 1900 exemplares
  • Cerdeira, 155 exemplares
  • Espiño, 150 exemplares
  • Erbedo, 110 exemplares
  • Capudre, 90 exemplares
  • Castiñeiro, 75 exemplares
  • Faia, 75 exemplares
  • Abeleira, 50 exemplares
  • Pradairo, 50 exemplares
  • Freixo, 50 exemplares

Anímate a vir visitar o Bosque de Galicia e, xa de paso, por que non nos visitas a nós tamén?

IMG_20160504_092634

IMG_20160504_092639